Entrevista
de César Lorenzo Gil a Anxos Sumai en BiosBardia:
“(…) – B: Que valores dos que depositou na novela [A lúa da colleita] coida que foron os máis valorados polos críticos e lectores?
– Anxos Sumai (AS): Para contestar téñome que guiar polas críticas que teño lido, polos comentarios que me chegan. O xurado do García Barros, na súa acta de deliberación, destacara a intriga psicolóxica do libro. Foi unha sorpresa para min porque non contaba con que a novela se puidese definir como de “intriga”. Penso que os puntos fortes son a atmosfera de inquedanza permanente na que transcorre a historia e tamén a facilidade de identificarse coa personaxe protagonista. (…)
– B: É vostede das escritoras con referencias inconscientes ou das que se ampara no estilo ou nos temas dalgúns escritores en concreto antes de empezar un proxecto?
– AS: Supoño que nos meus textos hai referencias implícitas a outros universos literarios pero están absorbidas e non podo atribuírlle a miña narrativa a ninguén. De pequena sentía fascinación pola narrativa oral. Crieime na aldea, había contacontos. Por causa dese ambiente me fixen narradora. Cando empecei a escribir, con 18-20 anos, recoñezo a influencia de Julio Cortázar, logo a de Margarita Ledo. Durante o meu tempo de redactora do blog recoñezo que pesaba máis na construción do meu discurso a vida cotiá ca a literatura: a prensa, as conversas… Aínda así, si hai unha influencia que me acompaña sempre: Yasunari Kawabata, a quen levo lendo toda a miña vida e non podo negar que está integrado na miña escrita.
– B: A profesora Dolores Vilavedra considera que a maior novidade da literatura galega actual é a consolidación dunha literatura feminina. Estás de acordo?
– AS: Non me gustan as etiquetas porque as xeneralizacións poden levar á confusión. E non o digo polo seu comentario senón polo empobrecemento de observar os matices de cada autora cun prisma simplificador, xeracional no peor sentido. Prefiro que nos individualicen e nos valoren a cada unha pola nosa obra porque cada unha de nós presenta un discurso único e diferente. Hoxe temos escritoras moi potentes: Olalla Cociña, María Reimóndez, Rosa Aneiros, por poñer uns poucos exemplos. Cada unha delas ten unha obra admirable.
– B: A gran novidade é que as mulleres por fin encontraron acougo, tempo e espazo suficiente para faceren narrativa. A poesía era un xénero máis compatible con atender a casa e a familia.
– AS: Mira: cando empecei a escribir, a finais da década do 1970, decateime de que o primeiro que tiña que facer era conseguir a independencia profesional e económica. Formeime, opositei e empecei a convivir coa persoa que quería. E nese contexto carecín durante moito tempo do cuarto propio de Virginia Woolf, de Rosalía de Castro. Ou, en palabras de Itziar Ziga, un zulo propio. A falta de soidade e silencio renunciei á literatura. Cando me decidín, por fin, a volver escribir, tiven que optar pola liberdade para entón si, encontrar ese cuarto de meu. Para as mulleres do meu tempo non é fácil concibir esa maneira de vivir porque nos educaron cuns valores distintos aos que perciben as novas xeracións. A min aínda me quedan tics, coma o de non poder poñerme a escribir sen ter a louza lavada. As escritoras novas xa funcionan doutro xeito, liberáronse de determinadas responsabilidades e encaran á dedicación á escrita sen os preconceptos que nós tiñamos. (…)”
Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación de A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz
Pontevedra: actividades do venres 9 na Feira do Libro
O
venres 9 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. A escritora Fina Casalderrey, asinará na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. O debuxante Luis Dávila asinará na caseta da Libraría Paz.
– 19:30 h. CEF o poeta da vida, na Feira do Libro de Pontevedra. Presentación do documental sobre Celso Emilio Ferreiro e coloquio. Participan no acto Luís Ferreiro, Plácido Romero e Aser Álvarez, director do documental.
– 20:00 h. A escritora Anxos Sumai asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
Ribeira: presentación de Liña azul, de David Pobra
O
venres 9 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribeira, terá lugar a presentación do libro Liña azul, de David Pobra, gañador do IV Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, publicado en Xerais. O acto, organizado polo Concello de Ribeira, contará co acompañamento musical do alumnado do Conservatorio de Música Municipal.
Insula europea publica un balance da narrativa galega do 2013
A
web italiana Insula europea, que publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas de Europa, entre elas a galega, acaba de dar a coñecer un balance da produción narrativa galega do ano pasado escrito pola crítica literaria Inma Otero Varela. Con este texto, que se pode ler en italiano e galego a través da seguinte ligazón, preténdese inaugurar un novo espazo que recolla un resumo anual de diferentes sistemas literarios, nunha iniciativa coordinada polo profesor da Universidade de Perugia, Carlo Pulsoni. A versión galega pode consultarse aquí.
Pontevedra: actividades do xoves 8 na Feira do Libro
O
xoves 8 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), co seguinte acto literario destacado:
– 20:00 h. Presentación do libro O sangue dos camiños, de Ramón Caride, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Xesús Constela.
Lugo: Catas literarias, con Pedro Feijoo
O Grove: presentación de Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa
O
xoves 8 de maio, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada (Rúa Concepción Arenal, 1) do Grove, preséntase Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Carlos Besada e Manuel Bragado.
Xulio Pardo de Neyra: “O sexo non é algo morno nin requintado”
Entrevista
de Marcos Pérez Pena a Xulio Pardo de Neyra en Praza, e ligazón á entrevista na Cadea SER ao mesmo autor:
“(…) – Praza (P): Defines o libro [Intensa e quente é a túa humidade azul] como unha “novela pornográfica”? Por que pornográfica e non erótica, por exemplo?
– Xulio Pardo de Neyra (XPdN): É complexo, si, porque os límites entre erotismo e pornografía son particulares, é difícil establecelos. Ademais a pornografía está considerada como un xénero maldito ou case ilegal, puníbel. Pero eu considero que un texto erótico é aquel que suxire, algo incitante, e en cambio un texto pornográfico é aquel que mostra, e polo tanto é máis excitante que incitante. Esta novela podería ser erótica, pero nela cóntase unha historia e cóntase absolutamente todo o que ocorre, sen límites. O outro día na presentación do libro preguntábame: ‘este é un libro no que se fala de penes e de vulvas?’. E non, este é un libro no que se fala de actos sexuais explícitos sen ningún tipo de eufemismos e sen esa xerga médica. Fálase como se fala na realidade: un cando está fodendo non di ‘voute lamber a vaxina’. O sexo non é algo morno, nin cursi, nin requintado. (…)
– P: E en galego? Dá a impresión de que é un xénero que fóra do publicado por Positivas na súa colección de Narrativas Quentes non hai un gran corpus.
– XPdN: O galego é unha lingua que serve absolutamente para todo, tamén para o sexo. E é algo que está demostrado dende as cantigas medievais, que xa tiñan un contido sexual moi importante. Eu digo que a miña é a primeira novela pornográfica da literatura galega, porque hai novelas eróticas, ou poemarios, relatos…, e xa na Idade Media hai textos que falan de prácticas sexuais con xoguetes, coma o carallo francés, ou de violacións consentidas. Pero non se chegara ao nivel da pornografía, da que si hai moita tradición en Europa, por exemplo a través de George Bataille ou Pauline Réage. Hai unha traxectoria en galego, pero eu botaba en falta algo. Hai quen escribiu que non hai nada máis erótico que un capítulo de Anna Karenina no que os personaxes entran nun cuarto e quedan a soas. Pois para min non, a min non me vale. Quizais é porque os homes necesitamos outro tipo de impulsos para excitarnos, non somos tan sutís. (…)”
Pontevedra: actividades do martes 6 e mércores 7 na Feira do Libro
O
mércores 6 de maio comeza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados, para o mércores e xoves 7:
Mércores 6
– 18:00 h. Presenza na feira do libro do Club de Lectura en Galego da Biblioteca Pública de Pontevedra.
– 18:00 h. Presentación do libro Apocalipse Z, de Manuel Loureiro, publicado por Urco Editora.
Xoves 7
– 18:00 h. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. A escritora Elvira Riveiro asinará na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Presentación do libro Sete Caveiras, da escritora Elena Gallego Abad, publicado por Xerais. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado.

