O 27 de novembro, às 18:30 horas na Livraria Orfeu de Bruxelas, terá lugar a presentación d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, o último romance da triloxía Evanxélica Memoria (Entre Fronteiras e Nas Catacumbas). Será presentada, en presenza do autor, por Xavier Queipo.
Arquivo da categoría: Narrativa
Presentación en Noia d’ Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello
Editorial Galaxia, o Excmo. Concello de Noia e mais Barbantia, presentan a novela de Antón Riveiro Coello Os ollos de K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o vindeiro venres, 23 de novembro, ás 20’30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor.
Polafía de Vilar de Santos
O sábado 24 de novembro, ás 19.00 no Museo da Limia, terá lugara a Polafía de Vilar de Santos (Ourense). A presentación está a cargo de Cástor Castro Vicente e Antonio Reigosa. Máis información.
Presentación en Pontevedra de Game Over, de Santiago Lopo
Será o mércores 21 de novembro ás 20:00 horas no Café Moderno de Pontevedra. Intervirán o autor, Santiago Lopo, e o ilustrador, Norberto Fernández, presentados polo escritor e editor Tucho Calvo.
Manuela Álvarez Lozano falará n’ A Coruña sobre a novela histórica na literatura galega
«A Agrupaçom Cultural “O Facho” d’ A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2007-08.
O dia 21 de novembro Manuela Álvarez Lozano falará, dentro do Ciclo Língua e Naçom, sobre “A novela histórica na literatura galega”. Será ás 20:00 horas na Fundaçom Paideia (Praça de Maria Pita, A Corunha)» (Agrupaçom Cultural “O Facho”)
Presentación en Vigo de A lenda da lúa de Montealto, de An Alfaya
O mércores 14 de novembro, ás 20:00 horas na Casa del libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo, presentarase A lenda da lúa de Montealto (Sotelo Blanco Edicións, col. xuvenil 12×22). Para alén da autora do libro, An Alfaya, intervirán Francisco Castro (escritor) e Ánxela Gracián (directora da colección 12×22 ). (Sotelo Blanco Edicións)
Contacontos en Vigo sobre o libro Onde está o sol?, de Chus Ferrín
Presentación n’ A Coruña de Xela volveuse vampira!!, de Fina Casalderrey
Fnac e Baía Edicións organizan o acto de presentación do libro Xela volveuse vampira!!,
de Fina Casalderrey, que terá lugar n’ A Coruña o mércores día 7 de novembro, ás 19:30 horas, no salón de actos da Fnac (Praza de Lugo, s/n). Intervirán, ademais da autora, Ana Luísa Bouza Santiago (Dra. Xeral do Servizo Galego de Igualdade) e Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións).
Xavier Alcalá na Universidade de Salamanca
O mércores 31, na Universidade de Salamanca (Aula Miguel de Unamuno – Edificio Histórico) ás 17:00 horas, terá lugar a conferencia do escritor Xavier Alcalá “Evangélica memoria. Tres novelas sobre la persecución de los evangélicos en Galicia”.
Carlos G. Meixide disposto a conversar en Carballo
O actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor do libro O home inédito, ofrécese para a conversa no Café Colón de Carballo, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o martes 30 de outubro ás 21:00 horas (atención: novos día e hora).