[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Arquivo da categoría: Narrativa
Sanxenxo: Suso de Toro asina exemplares de Sete palabras
O
xoves 12 de agosto, a partir das 20 horas, Suso de Toro estará na Libraría Nós de Sanxenxo (Avenida de Madrid 20), onde asinará exemplares da súa novela máis recente Sete palabras (Premio da Crítica Galicia 2010) e do resto da súa obra.
A Guarda: presentación de O burato do inferno, de Xosé Manuel e Ramón Trigo
Despois
de ser presentada o mércores 11 na Feira do Cómic da Coruña, este xoves 12 de agosto ás 20:30 horas, os irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo presentan a novela gráfica O burato do inferno, publicada por Faktoría K de Libros, no Museo do Mar da Guarda (Atalaia do Paseo Marítimo). No acto intervirá o escritor Marcos Calveiro.
Roteiro literario de Pensa nao, de Anxo Angueira
Roteiro literario de Anxo Angueira pola xeografía de Pensa nao:
A través do blog de Xerais.
Sarria: Xosé Antonio Pet Posse presentou a súa novela O náufrago
(El Progreso).
A Coruña: programa do luns 9 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación da editorial Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro de poesía Cos peitos desenchufados, de Elías Portela e do libro de narrativa As Médulas, de Silvia Bardelás.
19.00 h. O escritor Toño Núñez asinará exemplares do seu libro Mago Goma, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. O escritor Manuel Portas presentará o seu libro Denso recendo a salgado, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.00 h. A escritora Eva Moya, firmará exemplares do seu libro El árbol de los sentimientos, publicado pola Editorial Styria. Ás 21.00 terá lugar a presentación do libro, coa participación da autora.
A Coruña: programa do sábado 7 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación
do libro Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e Chinto, publicado por Kalandraka Editora. Xunto cos autores, participará no acto Paz Castro.
19.00 h. Os escritores Celso Castro (autor de El afinador de habitaciones) e Narciso de Gabriel (autor de Elisa y Marcela. Más allá de los hombres), asinarán exemplares dos seus libros, publicados pola editorial Libros del Silencio.
19.30 h. Presentación da novela O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre, publicada por Xerais. Xunto coa autora, participará Manuel Bragado.
20.00 h. O escritor Sindo Seixido asinará exemplares do seu libro Huellas de amor en la memoria.
20.30 h. Mesa Redonda: Ser escritora en España. Participan: Milagros Frías, Soledad Puértolas e Espido Freire, e Modera: Fernando Marías. Colabora Ámbito Cultural, de El Corte Inglés.
Ortigueira: mesa redonda e presentación da reedición de O anarquista, de Leandro Pita Romero
O Concello de Ortigueira organiza o vindeiro 6 de agosto, ás 21.00 h., unha homenaxe ao escritor, xornalista e político Leandro Pita Romero (Ortigueira, 1898-Bos Aires, 1985), coincidindo co seu 25 cabodano. Durante a xornada celebrarase unha mesa redonda titulada Leandro Pita Romero, o ortigueirés máis universal, que contará coa participación de Ramón Villares, o xornalista Moncho Barro e Gertrudis Pita Romero, irmá do escritor. Para contribuir á recuperación da súa memoria, e a proposta do Grupo de estudos ortigueireses, presentarase a edición facsimilar da novela de Leandro Pita O anarquista, publicada orixinariamente no ano 1924 na editorial Lar, dirixida por Uxío Carré Alvarellos.
A Coruña: programa do venres 6 de agosto na Feira do Libro
18.00 h. O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro La joven de la foto, publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, Javier Losada, e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 h. Presentación do libro Construtores, publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro.
19.30 h. O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro Sete palabras, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro Xuvia–Neda, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 h. O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro Una vida en siete días, publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 h. Mesa Redonda: ¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres? Participan: Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
A Coruña: programa do xoves 5 de agosto na Feira do Libro
19.00 h.
Presentación da colección de libros infantís Rodribico, publicada por Baía Edicións. Participan no acto Manuel Guisande, autor dos textos, Xosé Tomás, autor das ilustracións e o debuxante Siro López.
19.00 h. Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro Milú, publicado por Kalandraka Editora. Tamén asinará exemplares do seu libro Todo ben, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará o seu libro Un último destino, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Víctor F. Freixanes e Xosé Luis Vilela.
21.00 h. Presentación do libro Intersecciones, de Pablo de Aguilar González, publicado por editorial Inéditor. Xunto co autor, participará no acto o escritor Juan Mariñas.