Entrevista
a Teresa Moure en Galicia Hoxe
Arquivo da categoría: Narrativa
Concurso de relatos curtos da revista Ateneo Ferrolán
O
Ateneo Ferrolán pon a disposición do público a Revista Atenea para enviar un relato curto en galego (máximo 1 folio sen formatar coa temática UN ATÍPICO NADAL) que, de ser seleccionado, será publicado en xaneiro, nun número extraordinario de relatos curtos. Os interesados pódense pór en contacto coa revista (Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP 15402 – Ferrol (A Coruña), tlf. 981 357 970, fax 981 354 098) ou enviar por correo electrónico (secretaria@ateneoferrolan.org) o relato facendo constar o nome, enderezo e contacto antes do 10 de decembro de 2010. A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península. Máis información aquí.
Camiño Noia: “O conto galego é menos misóxino que os dos outros países”
Entrevista
a Camiño Noia en La Voz de Galicia:
“La Voz de Galicia (LVG): ¿Ten singularidades propias o conto galego?
Camiño Noia (CN): Algunha, mais a maioría son comúns cos do resto do mundo. Por exemplo, son menos misóxinos que os doutros países porque foron as mulleres quen controlaron a tradición oral. Contos en que o malo, noutros sitios, era a muller, aquí o son os homes. As mulleres, que maioritariamente eran as contadoras, ao contar o conto facían unha especie de censura, como a discriminación positiva de hoxe en día.
LVG: ¿Son transgresores?
CN: A tradición oral é moi transgresora. Todos os estamentos de cando se formou a tradición, é dicir, os poderes terreais, saen mal parados. Os contos falan do mal comportamento destas persoas.”
Xurxo Borrazás: “As miserias humanas”
Entrevista a Xurxo Borrazás en Galicia Hoxe.
Carlos Quiroga entre clássicos universais
‘A obra
narrativa Inxalá, de Carlos Quiroga, foi, por primeira vez, distribuída maciçamente entre público português, ao formar parte da ‘Biblioteca de Verão’ de Diário de Notícias e Jornal de Notícias. A tiragem do livro poderia ter atingido entre cem e cento vinte mil leitores no 27 de Julho passado. Inxalá apareceu na coleçom de clássicos universais em que foram integrados autores como Lewis Carroll, Oscar Wilde, Victor Hugo, Joseph Conrad, Henry James, Bram Stoker, Poe, Eça, Herculano, Tolstoi, Dostoievsky ou Borges, entre outros.’ Máis información no Portal Galego da Língua).
Carballo: Praza dos libros actos do 27 de agosto
Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, este venres 27 de agosto,
desenvólvense as seguintes actividades:
19:30 h. Sinaturas de: En clave de sol, publicado por Lumieira, por parte de Rosalía Fernández e Mon Lendoiro; as obras de Alberto Varela Ferreiro (as primeiras 60 persoas que se achegaren a asinar un libro deste autor, serán agasalladas coa súa obra 1809. A rebelión Neria; e de O náufrago, publicado por Sotelo Blanco, por parte do seu autor, Xosé Antonio Pet Posse.
20:30 h. Presentación de Covalladas. Prosa vertical, de Xurxo Borrazás, publicado en Galaxia, na que participan Belén Puñal e o propio autor.
Entrevista a Jorge Emilio Bóveda
Entrevista a Jorge Emilio Bóveda en Toxosoutos.
Carballo: Praza dos libros, actos do xoves 26 de agosto
Do
xoves 26 de agosto ao domingo 29 desenvólvese no Xardín Municipal outra edición da Praza dos libros, feira literaria que se vai consolidando como un dos máis orixinais espazos culturais ano tras ano, organizada polo Concello de Carballo. Estará aberta de 10:30 a 14:30 h., ás mañás, e de 17:30 a 21:30 h., polas tardes.
Os actos máis relevantes do primeiro día, xoves 26, son:
Ás 13:00 h., inauguración e pregón a cargo de Yolanda Castaño.
Ás 19:00 h., contacontos en verso para nenos/as, a cargo da mesma autora, a partir das aventuras do verme punki Punver (Galaxia).
E ás 20:30 h., Teresa Moure presenta A intervención, publicado en Xerais, cunha videoinstalación da súa autoría, acompañada polo libreiro Antón Pedreira.
O programa completo da feira pódese descargar aquí.
Monforte: actividades do xoves 26 de agosto na Feira do Libro
Dentro
do programa de actos da Feira do Libro de Monforte (na rúa do Cardeal), o 26 de agosto realizaranse os seguintes:
19:00 h. Ricardo Gurriarán presenta Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968, publicado en Xerais, acompañado por Manuel Bragado.
20:00 h. Xabier Quiroga presenta a súa novela máis recente, O Cabo do Mundo, Premio da Crítica 2010 no eido da narrativa, publicada en Xerais, tamén acompañado por Manuel Bragado.
Monforte: inauguración da Feira do Libro o mércores 25 de agosto
En Monforte
desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días.
Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.
O programa completo da Feira pódese ver aquí.