Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: conferencia de Anxo Gómez
O
xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a conferencia A Cova Céltica e a súa relación cos feitos de 1846 en Carral, impartida polo profesor Anxo Gómez.
Santiago: Jorge Amado, no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 12 de maio, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Biblioteca da Cidade da Cultura, o protagonista será Jorge Amado. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. Relatorio, por Basilio Losada.
– 13:00 h. Jorge Amado no cinema. O iconoclasta cineasta brasileiro Glauber Rocha realizou en 1979 este documental onde plasma a súa particular mirada sobre a vida cotiá de Jorge Amado e a súa dona, Zélia Gattai.
Presenta: José Manuel Sande, responsable de programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Para acceder á actividade é preciso reservar previamente aquí.
Montalegre: Jornadas das Letras (convívio de irmandade galaico-portuguesa)
O
grupo Desperta do teu sono tem a bem organizar para os próximos dias 5 e 6 de maio umas jornadas convívio das letras galego-portuguesas. O programa inclui umas conferências, comidas de irmandade, um recital de poesia e visita a alguns dos lugares mais emblemáticos do Concelho de Montalegre.
As vagas são limitadas e a inscrição acaba o dia 3 de maio.
https://www.facebook.com/events/419517028059370/
http://www.cm-montalegre.pt/
http://www.pitoesdasjunias.com/
O plano é:
* Sábado 5:
– Por volta das 12:00 hora portuguesa concentração na casa de Turismo Rural do Padre Fontes em Mourilhe.
– 13:00 h. Jantar de confraternização e posterior recital de poesia.
– 16:00 h. Sala da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias. Apertura das palestras sobre os Vínculos entre a tradição celta e a tradição galego-portuguesa.
– 16:00 h. 1ª Conferência. António Lourenço Fontes Monumentos arqueológicos de Vilar de Perdizes e Pitões das Júnias.
– 17:00 h. 2ª Conferência: Fátima Figueiredo Tradição celta e literatura medieval galaico-portuguesa.
– 18:00 h. Visita ao Eco-museu e à cascata de Montalegre.
– 20:00 h. hora portuguesa ceia-convívio de irmandade.
* Domingo 6:
– 10:00 h. Sala da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias.
– 10:00 h. 3ª Conferência: David Outeiro Pervivência das divindades celtas na mitologia e hagiografia galegas.
– 11:00 h. 4ª Conferência: Blanca Garcia Fernández-Albalat: A Soberania indoeuropeia, celta e galaico-portuguesa: a perduração no folclore.
– 12:00 h. Em Pitões das Júnias mesa redonda, debate e conclusões.
– 14:00 h. Comida de confraternização.
Vagas limitadas. Matricula: info@despertadoteusono.com
José Manuel Barbosa: 0034-637-47.48.33
Manuel Miragaia: 0034-666-37.34.82
info@despertadoteusono.com
barbosa_gz@hotmail.com
Ferrol: conferencia de Carlos Callón sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O
venres 27 de abril, ás 18:00 horas, na Casa Solidaria de Ferrol, Carlos Callón falará sobre os consellos contidos no seu libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, publicado en Xerais, dentro das xornadas Transformar Ferrolterra para transformar Galiza, convocadas por Galiza Nova.
Bruxelas: conferencia e debate sobre Valentín Paz Andrade
Buenos Aires: conferencia de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 25 de abril, ás 20:30 horas, nos locais da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955), emprazado no barrio de San Telmo en Buenos Aires, Ramón Nicolás falará de Celso Emilio Ferreiro, tanto da edición bilingüe de Longa noite de pedra como das novas achegas que incorpora na vindeira biografía que aparecerá en Xerais en datas próximas baixo o título de Celso Emilio Ferreiro no rodicio dos días. No apartado musical participarán María do Ceo e mais o seu grupo musical.
Ribeira: conferencia O multifacetismo emprendedor de Paz Andrade, por Xesús Manuel Valcárcel
O
xoves 26 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Municipal de Ribeira, e dentro dos Xoves Literarios, terá lugar unha conferencia de Xesús Manuel Valcárcel sobre O multifacetismo emprendedor de Paz Andrade, na que se afondará na figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Ourense: charla-coloquio A Galiza e Portugal na Idade Moderna, por Francisco Carballo
O
sábado 21 de abril, a partir das 19:00 horas, no Café Cultural Auriense de Ourense, e dentro da Noite da Irmandade organizada por Galiza Nova, terá lugar unha charla-coloquio a cargo do historiador Francisco Carballo, baixo o título A Galiza e Portugal na Idade Moderna.
Ribeira: conferencia Dos fastos aos festexos, por Francisco Antonio Vidal
O
xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Municipal de Ribeira, e dentro dos Xoves Literarios, terá lugar unha conferencia de Francisco Antonio Vidal sobre Dos fastos aos festexos, onde examinará os principais festexos actuais e amosa os seus paralelismos cos fastos dos que falan Ovidio e outros autores clásicos.

