Entrevista a Luz Campello en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Cal é o botín das piratas?
– Luz Campello (LC): Ufff… Foi difícil buscar o título… O botín das piratas é a ganancia das derrotas. Hai que pasar por naufraxios para conquerilo, de aí a referencia ás piratas, en feminino, que tamén me custou. O botín é ese beneficio entre comiñas, iso que sacas e aprendes co feito de vivir. Porque vivir é realmente moi arriscado. Como vulnerables que somos, os seres humanos estamos sometidos a moitos riscos e moi sós, moi na intemperie. Nese camiñar esta é unha obra máis de madurez, porque xa tes un percorrido. Nese camiñar tento sacar certa estratexia, situarme nun sitio onde non me arrastre. Ao final é a procura da supervivencia e da resistencia para sobrevivir.
– LVG: Con dous cancros nas costas dende moi nova, a perspectiva cambia, non?
– LC: Si. O primeiro cancro foi con 33 anos. Ó traballar en saúde xa estás máis preto do sofrimento e a fraxilidade. No meu caso logo pasou por min e de forma repetida. Curiosamente, chegas a esquecerte, pensas «foi un episodio e xa está», e ocórrenche cousas moi bonitas, vidas, fillos… Pero en calquera momento te volve sorprender. Os temas de saúde son os máis difíciles de afrontar, pero logo hai outros…
– O seu poemario é de esperanza?
– LC: É un libro esperanzador e con moita forza, saes adiante pasando por eses camiños. É posible saír e saes feliz. Esta non é só a miña experiencia, é a de miles de persoas, practicamente de todas as persoas, unhas dunha forma máis consciente e outras non. Isto pódese vivir coma unha completa desgraza ou dicir «eu estou aquí e estou viva». Miña nai recórdamo todas as veces que a chamo. Sempre me di «aínda non creo que esteas viva». Vivimos e non somos conscientes da sorte de estar vivos. Miña nai é como un testemuño que me recorda que puiden non estar aquí. E claro que tiven moitísmo medo, por perdas familiares, pero miña nai me recorda o feliz que teño que ser, e a sorte que teño eu, que ten ela e que teñen os meus fillos. Sempre mo di. Non, o libro non é negativo. É moito máis. Nun poema falo das vendas que imos poñendo, das cousas que temos que construír, de facer casas… Pero se non percibimos as feridas tampouco percibimos os bicos. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Vídeo da presentación en Vigo de Amiga lúa, amigo mar, de Claudia Castro
Presentación do escritor Xosé Luna Sanmartín
Xesús San Luís, o poeta zapateiro
Carolina Rubirosa e César Morán: “Os trovadores partían da tradición oral das mulleres”
Entrevista a Carolina Rubirosa e César Morán na Televisión de Galicia:
“Recuperarmos cantigas da lírica medievais que foron escritas hai máis de 700 anos. Agora cobran vida no proxecto Soldadeiras de Carolina Rubirosa. Versos de João Mendes de Briteiros abren o disco, un soño con ritmos vangardistas e coa colaboración do tamén músico César Morán. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Yolanda Castaño en Radiofusión sobre Materia
Desde Xerais:
“Yolanda Castaño: “Eu creo que na poesia un dos valores máis importantes debe ser a franqueza, a autenticidade, hai que traballar con honestidade”. Entrevista en Radiofusión sobre: Materia». Pode escoitarse aquí.”
Helena Villar Janeiro: 50 anos de poesía social e feminista
Entrevista a Helena Villar Janeiro na Televisión de Galicia:
“Helena Villar Janeiro celebra os seus 50 anos como creadora poética. E faino cun libro De rosa antiga, que recolle a súa poesía máis significativa, a que transita dende unha voz intimista a unha lírica cun marcado compoñente social e feminista. Inclúe os seus primeiros poemas en castelán e tamén composicións inéditas. Conversamos con ela na súa casa e contounos cales son os atributos da súa produción lírica. A entrevista pode verse aquí.”