O venres
26 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza do Cabo da Vila, en Muxía, terá lugar unha performance-presentación de Catálago, obra que conta coa participación literaria de Rosalía Fernández Rial e Paco Souto e as artes plásticas de Chiña e Mon Lendoiro.
Arquivo da categoría: Poesía
Betanzos: presentación de Adagio por outono, de Modesto Fraga
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no xoves 25
O xoves 25 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 21:00 h. Presentación de A oseira, de Antón Blanco, publicado por Chan da Pólvora. Participan, xunto ao autor, Olga Novo e Afonso Traficante.
Caldas de Reis: recital poético de Carlos Callón dentro de Orixe Candente 2016
O martes 23 de agosto, ás 22:00 horas, na Terraza do Mesón Bermaña, en Caldas de Reis (Rúa Porto do Río, 31), dentro da V edición de Orixe Candente, terá lugar un recital poético coa participación de Carlos Callón, quen recitará poemas de Atravesar o fantasma, publicado por Xerais.
Compostela: presentación de -movimentos-, de Francisco Valeiras
Vilalba: presentación de Adagio por outono, de Modesto Fraga
O luns 22 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, Modesto Fraga presenta Adagio por outono, publicado por Alvarellos Editora.
Gonzalo Hermo: “A poesía continúa hoxe na vangarda da literatura galega, sen complexos”
Entrevista a Paulino Pereiro
Entrevista a Paulino Pereiro na Palavra Comum:
“- Palavra Comum: (PC): Que significam para ti a literatura e a música?
– Paulino Pereiro (P): Son dúas maneiras de expresar os meus sentimentos de xeito creativo. As palabras e os sons permítenme inventar, crear algo que non formaba parte da natureza e acrecentar o catálogo de sensacións que todos experimentamos. Dalgunha maneira, coa literatura e a música alargamos o mundo, prolongamos a curva da espiral infinita das nosas vidas para sentir algo novidoso, que formaba parte da esencia do noso sentir e que só mediante artes afastadas da comunicación cotiá, como son a música e a literatura, poderemos expresar esa nova realidade.
– PC: Como entendes (e levas a cabo, no teu caso) o processo de criação artística?
– P: Estímulo-resposta. A realidade, ou mellor direi a paisaxe, aguilloa os meus sentidos e esa percepción, disfrazada de música, de historias, ou da filosofía creativa da poesía, provoca unha resposta equivalente, proporcionada aos momentos interiores en que o pensamento sente. O meu proceso é coma min, con melancolía e con alegría, ás veces doe e, as máis das veces, esparexe a ledicia de vivir.
– PC: Qual consideras que é a relação -ou qual deveria ser- entre as diversas artes (literatura e música, artes plásticas, teatro, audiovisual, etc.)? Como é a tua experiência neste sentido?
– P: Creo que a relación se encontra nas diferentes maneiras, moitas delas mixtas, en que o artista percibe a realidade circundante. Hai artistas que ven, outros oen, outros pretenden ser testemuñas da realidade. Son diferentes puntos de vista que se poden relacionar entre si, en igualdade ou non, pero que sempre aportarán novidade.
En canto á miña experiencia persoal, relacionei música e plástica, música teatral en diferentes estilos adaptados ao contexto (iso fixo que publicase A música teatral como reflexión da miña opción persoal sobre como debe ser a música para a escena). Mais as miñas relacións máis intensas e abondosas son a da música coa poesía (ben en forma de cancións ou ben como eco do recitado dun poema) e mais da música e/ou da poesía coa paisaxe natural. (…)”
Foz: actos destacados da Feira do Libro do sábado 20 e domingo 21
O domingo 21 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 20
– 18:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 21:00 h. Presentación do libro Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar, de Paco Rivas, con prólogo de Francisco Fernández Rei.
Domingo 21
– 19:00 h. Concerto da Banda de Música de Foz e recital poético musical sobre os poemarios Chorimas, de Montse González, e Versos florecidos en louvanza de Foz, de Manuel María.
Foz: actos destacados da Feira do Libro do xoves 18
O xoves 18 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Pregón a cargo de Farruco Graña.
– 20:15 h. Presentación do libro Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega, de Gelria. Presentan: Federico Mosquera e Noa López.
– 21:15 h. Presentación do libro O soño de Xoán, de Farruco Graña, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao autor, Xavier Rodríguez Baixeras.