Arquivo da categoría: Poesía
Libros del Silencio editará en maio a versión bilingüe da obra completa de Lois Pereiro
A Poetry Review achega a obra de vinte poetas galegos actuais chega aos lectores británicos
Santiago: presentación do almanaque poético 12 poetas para un ano
O xoves 30 de decembro, ás 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), de Santiago de Compostela, preséntase o almanaque poético 12 poetas para un año, publicado por Ediciones El Gaviero, e antologado por Maite Dono. No acto estarán presentes as participantes galegas no libro: Branca Novoneyra, Estíbaliz Espinosa e a propia Maite Dono.
Vilalba: presentación de Con Fausto, por este rio acima, de María Xosé Lamas
O xoves 30 de decembro, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de poemas Con Fausto, por este rio acima, de María Xosé Lamas, publicada polo Instituto de Estudios Chairegos.
Emma Pedreira: “A poesía sempre foi a prima rara”
(Xornal)
Sarria: Festival de Nadal da A. C. Ergueitos
O luns 27 de decembro, a partir das 18:30 h., na Casa da Cultura de Sarria, terá lugar o Festival de Nadal organizado pola A. C. Ergueitos, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Sarria. Nel terán lugar as seguintes actividades:
– Moita poesía, pouca diversión. Espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.
– Vixilia en ausencia. Peza de danza da Compañía Sólodos Coreografía e intérpretes: Maruxa Salas e Erick Jiménez. Música: Mercedes Peón.
– Actuación de Lorena do Val: Piano e voz.
Pódese descargar o programa neste arquivo en .pdf: Festival de Nadal 2010 Ergueitos.
Becerreá: Noite poetica A Pipa 2010 con Branca Novoneyra
O domingo 26 de decembro, a partir das 19:00 h., na Casa da Cultura de Becerreá terá lugar a XIX Noite Poética A Pipa 10 con Branca Novoneyra, con este programa de actos:
– Cerimonia de Entrega de Premios do XIX Certame Literario A Pipa 10 da Alta Montaña Luguesa, presentado por Amparo Becerra, Alicia Chao Penela, Xavier Fernández e Rafa Ramos. Interveñen: Branca Novoneyra e os/as representantes das institucións colaboradoras.
– Presentación e conversa coa bailarina e escritora homenaxeada Branca Novoneyra, a cargo de Marta de Sinllán e Afonso Becerra de Becerreá.
– Proxección de pezas de danza de Branca Novoneyra.
– Recital da poesía de Branca Novoneyra.
– Cóctel e brinde.