“O
primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto, resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, e Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. En castelán a novela gañadora foi Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, e en lingua estranxeira Brooklin, de Colm Tóibin. Organizado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o Premio está dotado con 9.000 euros e recoñece a mellor novela do ano en cada modalidade, elixida por alumnos de Bacharelato deste e doutos catro institutos galegos. A edición deste ano contou ademais cun instituto portugués e outro de Madrid.” Vía Galaxia.
Arquivo da categoría: Premios e concursos (outros)
Sanxenxo: gala de entrega de premios do VII Certame Literario IES Sanxenxo, con María Lado, Lucía Aldao e Xosé Neira Vilas
O
venres 10 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo terá lugar a gala de entrega de premios do VII Certame Literario IES Sanxenxo, dentro da que haberá un recital poético-musical con María Lado e Lucía Aldao. Como escritor convidado estará Xosé Neira Vilas. Crónica posterior en Galaxia.
‘Dúas traducións de poesía galega ao inglés, entre as candidatas ao premio Popescu’
Entrega do Pedrón de Honra a Andrés Pociña e Aurora López
Na
entrega do Premio Pedrón de Honra a Aurora López e Andrés Pociña:
“(…) Por outra parte, Andrés Pociña destacou da súa muller, a premiada Aurora López, os traballos de recuperación de escritoras medievais e clásicas “maltratadas polos estudos académicos” e tamén doutras actuais e puxo de relevo os seus traballos na Universidade de Granada a favor da igualdade. Aurora López, pola súa banda, reivindicou a lingua galega e a Rosalía, que a mantiveron vencellada a Galicia 35 anos despois de chegar a Granada e criticou ó Goberno galego por todo o empeño que está poñendo en “salvar ó castelán” porque di que está en perigo.
De Andrés Pociña e Aurora López a Fundación destacou obras como Rosalía de Castro, Documentación biográfica e bibliográfica crítica (1937-1990), unha edición crítica de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro. Estudos sobre a vida e a obra ou Conversas con Maruxa Villanueva.
Tamén considera importantes as súas achegas e publicacións en distintos diarios e revistas que inciden nos debates públicos sobre a identidade galega e a súa incidencia importante no mundo cultural europeo. López é profesora titular de Filoloxía latina e Pociña, catedrático da mesma materia na Universidade de Granada.” Vía Galicia Hoxe.
Domingo Villar recibe o Premio Frei Martín Sarmiento
(Xornal)
Moisés Barcia recibe o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria
Domingo Villar cativa a crítica británica con A praia dos afogados e cóase entre os finalistas do Dagger Prize 2011
Os Premios da Crítica celebraranse en outubro co obxectivo de “relanzarse”
Dous Premios Nacionais de Edición para a editorial Kalandraka
(Xornal)