O venres 15 de outubro, ás 19:30 h., preséntase na sala de exposicións de Caixanova na vila da Estrada o libro Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, publicado en Laiovento. No acto intervirán Alba Nogueira, profesora de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e Héctor López de Castro, avogado e membro do gabinete xurídico da CIG. O acto está convocado pola plataforma Queremos Galego d’A Estrada.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, preséntase o xoves 14 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela. Durante o acto intervirán o propio autor, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, xunto co editor Manuel Bragado. Se o tempo o permite, o acto ocupará a praza de Cervantes
Santiago: presentación de Repensar o mal, de Andrés Torres Queiruga
O xoves 14 de outubro, ás 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.
Culleredo: presentación de Ingrávido signo, de Pablo Bouza
O mércores 13 de outubro ás 20:00 horas preséntase na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” no Pazo de Vila Melania en Vilaboa (Avenida de Vilaboa, 42, Culleredo), o libro de poemas Ingrávido signo, de Pablo Bouza, publicado pola editorial Espiral Maior. Participan no acto Celestino Poza Domínguez, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio López Valcárcel, acompañando ao propio autor.
Ribeira: presentación de Noente Paradise, por Ugia Pedreira
O xoves 7 de outubro, a partir das 20:30 h., no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora. No acto participan Raquel Miragaia, representante da editorial, e Xosé Antonio Rubal como un dos responsábeis polo deseño do libro.
Madrid: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán
O xoves 7 de outubro, a partir das 19:30 h., preséntase no Blanquerna Centre Cultural (rúa Alcalá, 44) de Madrid o libro Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e o propio Ricardo Gurriarán. Este evento está organizado por Xerais, pola Fundación 10 de Marzo e por Blanquerna Centre Cultural.
Frankfurt: presentación da Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, na Feira do Libro
O venres 8 de outubro, ás 13:00 h., no stand da AGE (Pavillón 5.1. Stand C945) dentro da Feira do Libro de Frankfurt, preséntase a Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, publicado por Galaxia.
Tui: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O xoves 7 de outubro preséntase no Museo de San Domingos en Tui, a partir das 20:00 h., o libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Manuel Vázquez de la Cruz e Fran Alonso.
Tui: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val
O martes 5 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Biblioteca Municipal de Tui a tradución ao galego da última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, Randea do alento, obra de Marga do Val, publicada recentemente en Xerais. No acto participará a propia tradutora, María Xosé Queizán, e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en Filoloxía xermánica.