O
mércores 28 de novembro, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o novo libro O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila, publicado por Urco Editora. O programa de actos é o seguinte:
– De 19:00 a 20:00 h. Firmas e ilustracións
– De 20:00 a 20:30 h. Presentación, charla e preguntas.
– De 20:30 a 21:00 h. Sinaturas.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vídeo da presentación de Verde oliva, de Xavier Alcalá, na Feira do Libro da Coruña de 2012
Vídeo da presentación na Feira do libro da Coruña 2012 de Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicado en Galaxia. Acompañan o autor Víctor F. Freixanes, Vicente Araguas e Tati Mancebo. Desde o blogue do autor.
Vigo: presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz
O
venres 23 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, publicado en Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor, Isabel Soto e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O
venres 23 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), a Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012). No acto participan tres dos seus autores, Xosé María Álvarez Cáccamo, Ánxeles Penas e Alberte Suras.
A Matanza, Padrón: presentación de Dezaoito
Lérez: proxección e presentación de Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey
O
venres 23 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lérez, a Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez organiza a proxección da película e presentación do libro Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicado en Galaxia.
Burela: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
A
sexta-feira 23 de novembro, ás 20:30 horas, no Salón de Conferencias de Burela (Rúa do Correo), preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian, nun acto organizado polo Colectivo Cultural Buril.
Arteixo: presentación de Fugaz coincidencia, de José Estévez
Santiago: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira
O
xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Compostela, preséntase o libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. O Galo. No acto estará acompañado por Néstor Rego.
A Coruña: presentación de Consideracións sobre a decadencia e rehabilitación da lingua galega, de Goretti Sanmartín
O
xoves 22 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), da Coruña, preséntase o libro Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco, de Goretti Sanmartín, publicado pola Universidade da Coruña. No acto a autora estará acompañada por Pilar García Negro e Xosé Manuel Sánchez Rei.

