
Este venres en Vigo, presentación do libro de Luís García Soto na Libraría Librouro. A entrada é libre.
Este venres en Vigo, presentación do libro de Luís García Soto na Libraría Librouro. A entrada é libre.
A novela de Rosa Aneiros Sol de inverno, gañadora do Premio Xerais 2009, preséntase o xoves 12 de novembro en Santiago nun acto que contará coa participación de Helena Soto, Manuel Bragado e a autora. Será na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6 de Santiago) a partir das 20 horas, con entrada libre.
Mañá mércores 11 de novembro preséntase en Lugo a novela Mercurio de Emilio Alonso, Premio La Voz de Galicia 2008. O acto contará coa participación de Manuel Bragado e Emilio Alonso e comezará ás 20,00 horas no Salón de Actos do IES Lucus Augusti, Avda Rodríguez Mourelo, s/nº de Lugo. Pola mañá, ás 13,30 horas, terá lugar un encontro entre Emilio Alonso e parte do alumnado do IES Lucus Augusti.
Organizado pola Irmandade d’O Pontillón de Moaña, o vindeiro día 13 de Novembro ás 21 horas na librería O Pontillón preséntase o libro A crise irredutible de Alberte Momán, publicado baixo licenza Creative Commons. O acto contará coa presenza do autor e de Rosa Enríquez.
O xoves 5, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación d’ O paraíso das sombras, de Cesáreo Sánchez Iglesias. Será na libraría Torga, de Ourense, onde acompañarán o autor Francisco X. Fernández Naval e Tucho Calvo.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/O7v4m7_nC2s" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Hoxe mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.
Hoxe mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Pedras de Compostela de Aldonza de Praterías. No acto participarán Mercedes Gualteria Pintos, Xosé María Díaz, Ramón Villares e Manuel Bragado.
O libro A lingua das bolboretas de Manuel Rivas foi traducido á lingua tetun, co-oficial de Timor Oriental. A edición bilingue de Borboleta sira-nian nanál será incorporada ao curriculum escolar como libro de lectura para todas as escolas de Timor e tamén para as campañas de alfabetización de adultos. A obra incorpora un prólogo de José Ramos Horta, Presidente da República de Timor e Premio Nobel da Paz.
O libro foi presentado hoxe en Madrid nun acto aberto ao público celebrado no centro de Casa Asia (Palacio de Miraflores, Carrera de San Jerónimo, 15, 1ª planta) ás 11:30. A presentación correu a cargo de Manuel Rivas, escritor do relato A lingua das bolboretas; un representante de AECID; Luis Caparrós, Vicerreitor de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña; María Xesús Pena Castro, Presidenta de ALGA; Teresa Gutiérrez del Alamo, directora de programas do Centro Casa Asia (Madrid), e Luis Gárate Castro, profesor da UDC e codirector do Proxecto Bolboreta.
Mañá mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol realizarase a primeira presentación de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No acto acompañarán á autora Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado.