Cangas: presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego

O martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, na sede da Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO), na Avenida de Vigo, 91, baixo, de Cangas do Morrazo, preséntase o libro Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Xosé Bangueses e Manuel Bragado.

A Coruña: presentación de Suite Dublín, de Francisco X. Fernández Naval e Na véspera do silencio, de Soledad Pite

O martes 26 de xuño, ás 20:15 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntanse os libros Suite Dublín e outros poemas, de Francisco X. Fernández Naval, e Na véspera do silencio, de Soledad Pite, publicados en Follas Novas Edicións. No acto, xunto aos autores, participan Luís Alonso Girgado e Luís Cochón.

Vigo: presentación de Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero

O luns 25 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno) de Vigo, preséntase o libro Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Rubén Pérez, Alfonso Paz-Andrade e Manuel Bragado.

Cuntis: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago

O venres 22 de xuño, ás 19:30 horas, na Fundación Terra Termarum de Cuntis, preséntase o libro Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado en 2.0 Editora. Ao remate do acto farase unha visita guiada ao xacemento de Castrolandín.

Santa Comba: presentación de As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes

O venres 22 de xuño, ás 21:00 horas, na Libraría Ler (Rúa Rosalía de Castro, 32) de Santa Comba, preséntase o libro As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Pablo Vaamonde García, Isabel Ares, José Manuel López Tuñas e Che Turnes.

A Coruña: presentación de Murguía, de Xosé Ramón Barreiro

O xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, preséntase Murguía, de Xosé Ramón Barreiro, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, interveñen Xosé Luís Méndez Ferrín, Víctor F. Freixanes e Alberto Núñez Feijoo.