O
xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro As meigas de Lupa, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Xurxo Ayán, Manuel Bragado e Fran Pérez “Narf”.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación do poemario Pornografía, de Lupe Gómez
O
xoves 21 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a reedición de Pornografía, de Lupe Gómez, publicada en Positivas. No acto, xunto á autora, participan Arturo Casas, Francisco Macías e os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.
Santiago: presentación de Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure
O
mércores 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Víctor F. Freixanes, Valentín García Gómez, Amalia Baltar e Carlos Callón. Reportaxe posterior en Galaxia.
As Pontes: presentación de Déixame ancorar…, de Yago Rodríguez Yáñez
O
luns 18 de xuño, ás 19:30 horas, na Libraría Xandra (Avenida de Castelao, s/n) das Pontes, preséntase o poemario Déixame ancorar…, de Yago Rodríguez Yáñez, publicado en Toxosoutos.
Viveiro: presentación de Un niño no xardín, de Xoán Neira
O
venres 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Edicións Xerais presentan o libro Un niño no xardín, de Xoán Neira. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Marica Campo.
Padrón: presentación de Iria, de Anxo Angueira
O
venres 15 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio Centro Social de Padrón, preséntase o libro Iria, de Anxo Angueira, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Malena Barreiros e Manuel Lorenzo Baleirón.
A Coruña: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
quinta feira 14 de xuño, ás 19:00 horas, no local da Asociación de Veciñas e Veciños Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (Campo de Marte, s/n) da Coruña, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor.
Vigo: presentación de Xoán Branco e a gran revolta irmandiña en Vigo, de Fran Zabaleta
O
xoves 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase a novela Xoán Branco e a gran revolta irmandiña en Vigo, de Fran Zabaleta, publicada por NigraTrea. No acto, xunto ao autor, participará Carme Pérez Vaquero.
Cambados: presentación de O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
mércores 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Pazo de Torrado de Cambados, Miguel Anxo Fernández presenta a nova edición, con dous contos máis, de O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Celanova: No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o 20 e 21 de xuño
O
mércores 20 (de 10:45 a 12:25 h.) e o xoves 21 de xuño (de 19:00 h. en diante), na Biblioteca do IES Celanova, baixo a organización desta Biblioteca e da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia, e a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebraranse diversas actividades baixo o nome de No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Exposicións:
– Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova). Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989.
– Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Libro feito polo alumnado de Educación Infantil.
– O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular.
– Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
– Os ollos das palabras. Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos.
Presentacións:
– Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia (IES de Celanova). Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca.
– Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor. Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova.
Audiovisuais:
– A miña palabra preferida é… (CEIP Curros Enríquez – Celanova). Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova.
– Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova). Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro.
– A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez – Ramirás). Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
– Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle). Versión dun poema de Henrique Feixó.
– Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande).
– Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia.
– Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia). Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
– Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño). Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG.
Recitais:
– Recital musicado dos poemas Nai, Soldado e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova).
– Interpretación musical dos poemas Bande e María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande).
Intervencións:
– Celso Emilio Ferreiro fai cen anos. Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
– Escritores da Terra. Terra de escritores. Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
– A palabra dos nosos escritores. Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia.
Propostas:
– Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro.