Presentación en Bruxelas d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá

O 27 de novembro, às 18:30 horas na Livraria Orfeu de Bruxelas, terá lugar a presentación d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, o último romance da triloxía Evanxélica Memoria (Entre Fronteiras e Nas Catacumbas). Será presentada, en presenza do autor, por Xavier Queipo.

Presentación en Monforte d’ Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego

A Galería Sargadelos e a Librería Agrasar organizan a presentación do libro de Victorino Pérez Prieto Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego, editado por Nume. No acto intervirán, ademais do autor, Xaime Bello e Martinho Montero Santalha. Será o 23 de novembro ás 20:30 horas en Monforte, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2). Intervirán os poetas e escritores Lois Diéguez e Manolo Regal, ademais do autor.

Presentación en Noia d’ Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello

Editorial Galaxia, o Excmo. Concello de Noia e mais Barbantia, presentan a novela de Antón Riveiro Coello Os ollos de K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o vindeiro venres, 23 de novembro, ás 20’30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor.

Presentación en Vigo de A lenda da lúa de Montealto, de An Alfaya

O mércores 14 de novembro, ás 20:00 horas na Casa del libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo, presentarase A lenda da lúa de Montealto (Sotelo Blanco Edicións, col. xuvenil 12×22). Para alén da autora do libro, An Alfaya, intervirán Francisco Castro (escritor) e Ánxela Gracián (directora da colección 12×22 ). (Sotelo Blanco Edicións)

Presentación en Santa Comba de Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro

O venres 28 de setembro, ás 21:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos de Santa Comba, terá lugar a presentación do libro Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro. No acto intervirán Ángel Carracedo Álvarez (catedrático de Medicina Legal da USC e Fillo Predilecto de Santa Comba), José Antonio Ucha Velo (alcalde de Santa Comba), Antonio Puentes Chao (director editorial de 3C3) e o propio autor.

Presentación n’ A Coruña de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade Figueiras

O xoves 20 de setembro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade Figueiras. No acto, ademais do autor, estarán presentes diversas personalidades da comarca de Bergantiños, territorio no que se sitúa a acción do libro. Será na Asociación Cultural Alexandre Bóveda d’ A Coruña.

Presentación en Compostela de “Ratas en Manhattan”, de Francisco Álvarez

O martes 11 de setembro, ás 20:00 horas, presentarase a obra Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez. Será na Livraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes). Ademais do autor do libro intervirán Ánxela Gracián (directora da colección e escritora) e Olegario Sotelo Blanco (editor).

Presentación n’ A Coruña do nº 8 da revista “Criterios”

O día 11 de xullo, mércores, terá lugar a presentación do número 8 da revista de pensamento Criterios no Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 19:00 horas. No acto intervirán Antonio Campos Romay (Presidente da Fundación IEPS), Manuel Peralbo Uzquiano (Vicerrector de Calidade e Harmonización Europea, director da revista), un representante da Fundación Caixa Galicia, Carme Adán Vilamarín (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia), e José María Barja Pérez (Rector Magnífico da Universidade da Coruña).