O
sábado 12 de novembro, ás 18:30 horas, na librería Aira das Letras de Allariz (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5), terá lugar a presentación de Cociñando ao pé da letra, coordinado por Yolanda Castaño e Andrea Costas. No acto participan Francisco Castro, Teresa Devesa e Yolanda Castaño.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Morgadáns: acto de entrega do Premio Victoriano Taibo e presentación do libro gañador, Holocausto Zocae, de Calros Solla
O
sábado 12 de novembro, ás 19:00 horas, na Escla de Guillufe en Morgadáns, terá lugar o acto de entrega do IV Premio de poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns, que este ano gañou Calros Solla co seu poemario Holocausto Zacoe. No acto, conducido por Marta Dacosta, presentarase o libro premiado, e contará coa presenza de Miguel Anxo Mouriño, quen lembrará a figura de Victoriano Taibo, Gonzalo Navaza, Fernando Guitián, Urbano Esmerode, Carlos Méixome e o autor premiado, quen recitará fragmentos da obra gañadora, xunto á actuación musical do grupo de gaitas Balcón do Miño.
Fene: recital poético Os libros de Caldeirón, con Eduardo Estévez, María Lado e Lino Braxe
O
venres 11 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Fene, continúa a xeira de recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eduardo Estévez, María Lado e Lino Braxe.
Allariz: presentación de Pegadas, da Porta verde do sétimo andar
O
venres 11 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Aira das Letras (Rúa Emilio Pardo Bazán, 5) de Allariz, terá lugar a presentación de Pegadas, libro colectivo de 37 autores/as de Galiza e Portugal, que constitúe o número 2 dos Cadernos Q de Vián, publicados por A porta verde do sétimo andar.
Santiago: sinatura de libros de Miguel Anxo Fernández
O
venres 11 de novembro, ás 19:30 horas, no Hipercor de Santiago de Compostela, Miguel Anxo Fernández asinará exemplares da súa última novela, Lume de cobiza, publicada en Galaxia, e do resto da súa obra.
Vigo: presentación de A chave da Atlántida, de Anxo Fariña
O
venres 11 de novembro, ás 20:00 hora, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, publicado en Xerais, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011. O acto, con debuxos en directo e algunha sorpresa máis, contará coa presenza do autor, quen agasallará unha ilustración especial de tiraxe limitada ás primeiras persoas que soliciten a sinatura do seu libro.
Santiago: presentación de Mar ao Norde/Mar al Norte, de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro de Álvaro Cunqueiro Mar ao Norde/Mar al Norte, publicado na Editorial Alento. Intervirán Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta e epiloguista do libro, Manuel Outeiriño, poeta e ensaísta, Xenaro García Suárez, director da editorial, e Miguel Fernández Cid, xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
Pontevedra: presentación da reedición de Elegías y canciones, de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, no Café Moderno de Pontevedra, preséntase Elegías y canciones, unha edición actualizada do poemario de Álvaro Cunqueiro publicado en 1940, en reedición publicada por Follas Novas. Na presentación intervirán Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo.
Mos: presentación do proxecto 2020 European Art Tour
O venres 9 de decembro, no Pazo dos Marqueses de Mos, terá lugar o acto de presentación do proxecto itinerante de arte e cultura 2020 European Art Tour, deseñado para que novos artistas de todalas disciplinas poidan ter un espazo de difusión para as súas creacións. No evento haberá exposicións, presentación de obras, mercado creativo e sesións de curtametraxes. Os interesados en participar poden contactar coa organización nestas dúas ligazóns do proxecto.
Arteixo: presentación de Sermos Galiza
A cuarta feira, mércores
9 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Arteixo, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, coa presenza de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto.