O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán (Praza do Cantón da Leña, s/n), da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Poñente, de Pere Tobaruela, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Encarna Montemuíño, Manuel Bragado e o propio autor.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Madrid: presentación de Golpear de sombras, edición bilingüe do poemario de Francisco X. Fernández Naval
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro de Arte Moderno (C/ Galileo, 52) de Madrid, preséntase o libro Golpear de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, en edición bilingüe galego-castelán, publicado en Huerga y Fierro. No acto participan, xunto ao autor, Vicente Araguas, Antonino Nieto e Antonio J. Huerga, coa actuación musical de Juan Muro.
Baiona: presentación de libros de Dionísio Pereira e Gonzalo Amoedo
O
xoves 24
de novembro, ás 20:30 horas, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) preséntanse os libros Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, e A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo, publicados en Xerais. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.
Santiago: presentación de Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación
O
xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Granell (Praza do Toural, s/n) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, publicado pola editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira. Xunto a eles, intervirán Mariña Pérez Rei, Iria González e Carlos Arias.
Ourense: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Santiago: presentación de A poutada do Oso, de Lois Diéguez
O
xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a novela A poutada do Oso, de Lois Diéguez, publicado en Laiovento. O acto iniciarase coa proxección do DVD De Albre de espranza á Poutada do Oso. Deseguido intervirán: Francisco Pillado, Felipe-Senén López e Teresa Moure. Entre as 19:00 e as 20:00 horas Lois Diéguez estará á disposición do público na propia libraría para a sinatura de libros, acompañado de Felipe-Senén, quen fará aos asistentes fermosos debuxos.
Vigo: presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
O
xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o poemario Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, publicado en Follas Novas Edicións. No acto, en que intervirán, xunto ao autor, Ramón Nicolás Rodríguez e Anxo Pastor, ilustrador do libro, terá lugar un pequeno recital de poemas do libro.
Santiago: presentación de Contos Estraños Editora, o sábado 26 de novembro
“Publicar
volumes colectivos de relatos curtos na liña da literatura pulp americana de comezos do século XX. As historias fantásticas e de terror en galego teñen cabida en Contos Estraños Editora. O proxecto, que se presenta o vindeiro sábado 26 de novembro ás 21 horas no Pub Tatooine de Santiago de Compostela, arrinca con dúas liñas editoriais. Por unha banda, Contos Estraños Pulp, unha serie de libros colectivos de obras curtas da que se presentará o número 0, Amañeceres Estraños. Pola outra, anuncian Contos Estraños para Nenos Friquis que lanzará “contos ilustrados para nenos de temática desenfadada e paródica” da “subcultura denominada comunmente “friqui””. A primeira entrega desta serie sairá nas vindeiras semanas co título Apalpador vs. Papá Noel. Tomás González Ahola, coordinador de Urco Editora e mais Fernando M. Cimadevila, autor de O mundo secreto de Basilius Hoffman: O Ladrón de Soños, son os responsables da aventura editorial que agora comeza. A súa intención é “normalizar o panorama da literatura fantástica en lingua galega” e buscar a “promoción de autores e ilustradores do país”, especialmente na produción de obras de narrativa breve e de traballos colectivos.” Vía Cultura Galega.
A Coruña: presentación de Na intimidade do azougue, de Pablo Bouza
O
mércores 23 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), presentación do poemario Na intimidade do azougue, de Pablo Bouza, publicado por Espiral Maior. No acto estará acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luís G. Soto e Xulio López Valcárcel.
Vigo: presentación de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso
O
mércores 23 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 2), preséntase o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xulio Gómez, Marià Arbonés e Manuel Bragado.