O
venres 19 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza do Cabo da Vila de Muxía (en caso de choiva, a cita trasladaríase ao Salón de Actos), preséntase o libro As crebas, de Miro Villar, publicado en Espiral Maior e premiado co XIII Premio de Poesía Concello de Carral. No acto participan, acompañando ao autor, Félix Porto, Xosé Henrique Rivadulla Corcón e Alexandre Nerium.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Sanxenxo: presentación de In vino veritas, de Francisco Castro
O
luns 22 de agosto, ás 20:00 horas, na Sede Náutica Novacaixagalicia de Sanxenxo, terá lugar a presentación de In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto estará acompañado pola xornalista María Solar.
Soutelo de Montes: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 19 de agosto, ás 20:30 h., no Auditorio de Soutelo de Montes, preséntanse os libros Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, e O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas, de Francisco Rozados, Rochi. No acto, no que o autor estará acompañado por David Raposeiras Correa e Xosé Luna Sanmartín, haberá tamén unha actuación musical a cargo do dúo de guitarra e voz Andrea e Xavi.
Muros: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
mércores 17 de agosto, ás 20:00 horas, na antiga fábrica de sel, en Porteliña, s/n., Muros, preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto participan, acompañando ao autor, Noelia Mancebo, Rosario Fernández Piñeiro e Eduardo Galán.
Viveiro: actividade máis destacada do martes 16 na Feira do Libro
Remata
a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.
A actividade máis destacada deste último día é a seguinte:
– 20:30 h. Presentación do libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. Xunto ao autor participa no acto Carlos Nuevo.
Viveiro: actividades relevantes do luns 15 na Feira do Libro
Continúa
a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.
As actividades máis destacadas do domingo 15 de agosto son as seguintes:
– 19:00 h. Cunqueiradas. Monólogo humorístico a cargo do actor Cándido Pazó, a partir de textos de Álvaro Cunqueiro.
– 20:30 h. Presentación do libro A lúa deitada en Porto Norte, de Vicente Míguez (autor e editor). Xunto co autor, participarán no acto Carlos Nuevo, Cronista Oficial da cidade e Ramón Reimunde Noreña, Capitán da Marina Mercante.
Viveiro: actividades destacadas do sábado 13 e domingo 14 na Feira do Libro
A
15º Feira do Libro de Viveiro celébrase nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.
O sábado 13 de agosto terá lugar a inauguración da Feira, coa lectura do pregón a cargo de Miguel Anxo Fernán-Vello.
O domingo 14 de agosto destacan as seguintes actividades:
– 20:00 h. Presentación do nº 6 da revista Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial. Participarán no acto Luis Rei, escritor e director da revista e Emílio Xosé Ínsua López, escritor e membro do consello de redacción da revista.
– 21:00 h. Presentación do libro A Mariña 43º latitude norte, do fotógrafo Xulio Villariño, publicado pola Deputación Provincial de Lugo. Xunto co autor, participará no acto Mar García.
Cee: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 11 de agosto, ás 19:00 h., dentro da Feira do Libro de Cee, preséntase a novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia. No acto, o autor estará acompañado por Noelia Mancebo e Marcela Riera.
A Coruña: actividades do mércores 10 na Feira do Libro
Como
actividade máis destacada do mércores 10 de agosto, dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, no seu último día, destaca:
– 19:30 h. O escritor Manuel M. Barreiro asinará exemplares do seu libro A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
A Coruña: actividades do martes 9 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) Golpear de sombras, publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
– 20:00 h. Presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.