O
xoves 26 de maio, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina (Travesía J. R. Azcárraga, 5) de Bertamiráns, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Henrique Monteagudo e Xaime Subiela.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ourense: presentación de as desfeitas do día, de Pedro Riobó
O
mércores 25 de maio, ás 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro de poesía as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó, publicado en Edicións Morgante. A presentación incorpora un recital audiovisual dunha duración aproximada de vinte minutos. Participarán como invitados os alumnos da Facultade de Maxisterio de Ourense Andrea Cid e Antonio Cascante.
Vilaboa (Culleredo): presentación de Señardade da luz, de Miguel Mato
O
mércores 25 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Uxío Novoneyra (Pazo de Vilamelania, Vilaboa, Culleredo) preséntase o libro Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, publicado pola A. C. Alexandre Bóveda. No acto acompañarán ao autor Carlos Pereira e Celestino Poza.
Santiago: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
mércores 25 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Antón Baamonde e Lourenzo Fernández Prieto.
Lugo: actividades do sábado 21 e domingo 22 na Feira do Libro
Finaliza
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), que abre este sábado 21 e domingo 22, con horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:00 a 21:00 h. O programa completo pódese consultar aquí.
As actividades máis destacadas do sábado 21 son as seguintes:
– 19:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial.
– 19:30 h. O escritor Iván García Campos asinará exemplares do seu libro O imposible de desatar, Premio Blanco Amor de Novela 2010, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación dos libros Baubo Pubiclub, de Básico Rodríguez e Ensaio sobre a novela como poética escura, de Nicanor Tischler Barán, publicados por A Gracia Veniais Edicións. Xunto cos autores dos libros, estarán presentes no acto María Xosé Vidal e Xosé Manuel Gayoso.
O domingo 22, ás 18:30 horas, actuación do actor e humorista Cándido Pazó co seu espectáculo Cunqueiradas, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.
Cangas: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
sábado 21 de maio, ás 20:00 h., na Casa do Pobo (Avenida de Bueu, 14) de Cangas, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan Iago Santos Castroviejo, Manuel Bragado e o propio autor.
Santiago: recital poético de Chus Pato e Xosé María Álvarez Cáccamo
O
venres
20 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación e posterior recital dos libros publicados até agora na colección Antoloxía poética sonora, de Edicións do Cumio. Nacer é unha república de árbores é o título da antoloxía de Chus Pato, mentres que De sombras e poemas que son casas dá nome á de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Allariz: presentación de O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro
O
venres 20 de maio, na Librería Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5) de Allariz, preséntase a novela O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro, publicada en Galaxia. No acto o autor estará acompañado pola dramaturga, actriz e escritora Nati Borrajo.
A Coruña: Unha tarde con Lois Pereiro, conferencia de Mercedes Queixas e actuación de Manu Clavijo
O
venres 20 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, terá lugar a conferencia Unha tarde con Lois Pereiro, na que Mercedes Queixas falará sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e presentará o seu libro Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento. Despois actuará o cantautor Manu Clavijo, quen ofrecerá parte dos seus traballos sobre Lois.
A Coruña: presentación de Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira
O
venres 20 de maio, ás 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza do Libro) da Coruña, preséntase o libro de poemas Cambio de estrela, de Iria Anido Pedreira, publicado en 3C3, onde os textos dialogan coas ilustracións de Xan Eguía. No acto intervirán Xulio López Valcárcel, X. Amancio Liñares Giraut e a autora. Haberá tamén unha actuación musical de Xan Eguía –saxofón–, Kace –percusión– e Julio –guitarra–.