O
mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), preséntase o libro A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicado en Galaxia. No acto interveñen Celestino Poza e o propio autor.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Madrid: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O
mércores 1 de xuño, ás 20:30 h., en Entredós (C/ Marqués Vdo. de Pontejos, 4) de Madrid, preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse, publicada en Edicións do Castro. No acto, presentado polas representantes da Fundación Entredós e Fermín Bouza, terá lugar a actuación musical do Duo Musicante, guitarra e música brasileira.
Rianxo: presentación de Cadro artístico: Airiños. 75 aniversario
O
sábado 28 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de Rianxo, a Asociación Cultural Barbantia, o Centro Cultural “Simón Varela” de Asados, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o grupo de teatro “Airiños” e o Concello de Rianxo presentan o libro Cadro Artístico: Airiños. 75 aniversario. Estarán presentes, entre outros, Xosé Luís Axeitos, Manuel Lourenzo, Anxo Angueira e Xesús Santos.
Carral: entrega do premio de poesía Concello de Carral a Emma Pedreira, e presentación de As crebas, de Miro Villar
O
venres
27 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Carral, entregarase o premio da 13ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral a Emma Pedreira, polo seu Libro das mentiras, e preséntase o poemario gañador da anterior edición, As crebas, de Miro Villar, publicado en Espiral Maior. Pechará o acto unha actuación poético-musical de Iulius XIII, con poemas de Eli Ríos, Lois Pereiro e Emma Pedreira.
Betanzos: presentación de Señardade da luz, de Miguel Mato
Santiago: presentación de Neve, de Lucía Novas
O
venres 27 de maio, ás 20:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Neve, de Lucía Novas, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando á autora, intervirán Rosa Enríquez e Mario Regueira.
Vigo: presentación de Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán
O
venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Mar de Vigo (Rúa Beiramar), preséntase o libro Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia, publicado en Xerais. No acto participarán Mónica Bar Cendón, Iolanda Veloso, Camiño Noia, Manuel Bragado e a propia María Xosé Queizán. Crónica posterior en Faro de Vigo.
Rianxo: presentación de O sol da tristeza, de Fidel Vidal
O
venres 27 de maio, ás 20:30 h., no Auditorio de Rianxo, preséntase o ensaio O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, de Fidel Vidal, publicado en Espiral Maior. No acto, no que se presenta tamén un novo número de A Voz de Barbantia, participan, acompañando ao autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Axeitos, Milagros Torrado e Pedro Piñeiro.
O Carballiño: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 26 de maio, ás 20:00 h., no Casino do Carballiño (Rúa Tomás María Mosquera, 6), preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto acompañarán ao autor Carlos Lema, Ángel de la Cruz e Eduardo Galán.
Santiago: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
xoves 26 de maio, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentacion de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Gracia Santorum e Manuel Bragado, e o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén) interpretarán as pezas do disco que acompaña á novela.
