O
venres 29 de abril, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo (Unha proposta interpretativa en clave céltica) de Rafael Quintía, publicado en Serpe Bichoca. No acto proxectarase tamén unha versión reducida do documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, coa presenza de João Bieites, realizador e codirector —xunto a Rafael Quintía e Calros Solla— deste traballo audiovisual, considerado o primeiro documental de longa duración sobre mitoloxía galega.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Anthology of galician literature. Antoloxía da literatura galega [1196-1981] de Jonathan Dunne chega á Feira do Libro de Buenos Aires
(Xornal)
Fisterra: presentación de Noites, amenceres… e algo máis, de Asun Estévez
O
venres 29 de abril, a partir das 19:30 h., no Salón de Actos (Rúa Santa Catalina, 1) do Concello de Fisterra, preséntase o libro Noites, amenceres… e algo máis, de Asun Estévez, publicado en Ir Indo. No acto terá lugar un recital poético a cargo da propia autora, acompañada á guitarra por Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz.
A Coruña: presentación de Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936
O venres 29 de abril, ás 19:00 horas, no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, preséntase o libro Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936, coa participación dos seus autores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, publicado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, editora do libro.
O Barco: presentación de Domingos de calcetíns brancos, de Manuel Pérez Rúa
O venres 29 de abril, ás 20:00 h., na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, de Manuel Pérez Rúa, publicado en Galaxia, que obtivera o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio do 2009. No acto participan, co autor, Eduardo Ojea Arias e Gustavo Docampo Paradelo.
Santiago: presentación de A fecha azul do teixo, de Eva Veiga
O xoves
28 de abril, a partir das 19:30 h., na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara, finalizando cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
As Pontes: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
xoves 28 de abril, ás 20:30 h., na Biblioteca Municipal das Pontes, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola editorial e a Mesa pola Normalización Lingüística.
Betanzos: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez
O xoves 28 de abril, ás 20:30 h., no Salón Azul do Edificio Liceo de Betanzos, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a A. C. Eira Vella presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG.
Baiona: presentación de As portas ausentes, de Caino Vasconcellos
O
xoves 28 de abril, ás 20:30 horas, na Capitanía Marítima de Baiona (Rúa/ Elduayen, 20) terá lugar a presentación do libro de poemas do pintor baionés Caino Vasconcellos, As portas ausentes, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto intervirán, ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o mozo poeta Anxo Ratel ademais de varios veciños e veciñas de Baiona que recitaran textos do libro.
O Barco: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 h, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Eduardo Ojea Arias e Arturo Ponte.
