
A Coruña: presentación do libro Miguel González Garcés, mineiro de luz


A Biblioteca da Poesía “Uxío Nonoveyra” de Vilamelania-Vilaboa celebra o Día Internacional da Poesía coa presentación da publicación 16 Sonetos de Carlos Pereira, un libro intimista e de homenaxes a persoeiros contemporáneos. O acto terá lugar o vindeiro mércores 24 de Marzo ás 20h.

O libro de Victorino Pérez Prieto Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario preséntase mañá mércores 17 de marzo na Biblioteca de Estudos Locais ás 20 horas, con entrada libre. No acto participarán a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; a catedrática da Universidade da Coruña e autora do prólogo, Pilar García Negro, e o propio autor do libro, Victorino Pérez Prieto.
O vindeiro mércores 17 de marzo presentarase en Vigo o libro Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha de Mónica Bar Cendón. O acto contará coa participación de María Xosé Queizán, Camino Noia, Manuel Bragado e Mónica Bar, e comezará ás 20,00 horas na Libraría Librouro (rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo).


Yolanda Castaño e Eduardo Hermida, ilustrador do libro, van contar a historia do verme punki este sábado 13 de marzo na Casa do Libro de Vigo. Será a partir das 12 horas, con entrada libre.

Mañá xoves 11 de marzo na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar a presentación dos libros de Edicións Embora titulados O país dos mandóns, A urna dos desexos e O segredo de flora. No acto participarán Paloma Rodríguez e Cristina Justo (autoras) e Spela Trobec (ilustradora).
Mañá xoves 11 de marzo, ás 20,15 horas, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, vai presentar na Casa da Cultura de O Carballiño (Praza Lousada Diéguez s/n) o seu último libro O paraíso das sombras. Acompañarán ao autor no acto de presentación o técnico cultural Felipe-Senén López e o editor do libro, Tucho Calvo.
Este xoves, día 11 de marzo, ás 19:00 horas terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega (no pazo de Raxoi) a presentación ao público do método de aprendizaxe do baile galego Bailabén, un libro con DVD elaborado por Edith Cotilla e Gustavo Couto que Edicións do Cumio vén de sacar do prelo. Ambos autores estarán presentes no acto acompañados de Cándido Meixide, que acudirá en representación da editorial.
