Verín: presentación do libro Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo, de Alberte Blanco Casal

O 10 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, terá lugar a presentación do libro Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo, de Alberte Blanco Casal, publicado por Xerais.

A Coruña: presentación de Un señor elegante, de Suso de Toro

O 10 de xuño, ás 19:30 horas, na Libraría Lume (Rúa Fernando Macías 3, A Coruña), preséntase Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Antón Fraga e Xosé Luís Axeitos.