Foz: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 20 de agosto

O 20 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

– 19:00 h. Inauguración a cargo de Natalia Alonso Ramos.
– 20:00 h. Natalia Alonso Ramos asina A síndrome de Hayworth, publicada por Medulia.
– 21:00 h. Elba Pedrosa asina O que non sabías, publicado por Xerais.

Cuntis: presentación de A matanza clandestina, de Fernando González Graña

Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 10 de agosto

O 10 de agosto finaliza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

– 19:00 h. Teresa Moure asina Sopas New Campbell, publicado por Cuarto de Inverno.
– 20:00 h. Pedro Feijoo asina Un lume azul, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 20:00 h. Nacho Carretero asina Fariña, publicado por Xerais.