Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ribadavia: presentación e recital de Muller de papel, de Rochi Nóvoa
O xoves 23 de abril, ás 20:30 horas, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago, 10), preséntase o libro-disco Muller de papel, de Rochi Nóvoa, editado por Abooks. No acto terá lugar un recital de música e poesía. Nese mesmo día, e durante toda a xornada, haberá, no recinto do Museo, liberación de libros, “bookcrossing”.
A Coruña: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
A Coruña: presentación de Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán
O mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, publicado en Círculo Rojo.
Lugo: presentación de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, por Joel R. Gômez
Úrsula Heinze: “A escritura sempre foi a miña salvación”
Entrevista de Carme Vidal a Úrsula Heinze en Sermos Galiza:
“Cando a escritora ingresa no sanatorio psiquiátrico a causa dunha depresión, o caderno e o bolígrafo son os seus compañeiros. Úrsula Heinze presenta … e os domingos, un croissant (Alvarellos) o día 23, Día do Libro, ás 19:30 no Sanatorio “La Robleda”.
A literatura é, para Úrsula Heinze, a terapia coa que se sandar e mostrar a través da súa escrita ese mundo descoñecido. En …e os domingos, un croissant (Alvarellos) ofrece a crónica diaria da súa estadía no centro. Para a autora, este é o “seu libro”, así, con carácter singular e único na súa ampla bibliografía.
– Sermos Galiza: Por que decide escribir o diario dos dous meses que pasou no sanatorio psiquiátrico?
– Úrsula Heinze: A escritura sempre foi a miña salvación. Botei man dela en épocas de ruptura, e esta foi unha delas. Podo vivir coa depresión, mais o ano pasado a lumbalxia agravou o panorama. Cada vez ía a peor; levantábame mareada, necesitaba axuda médica que non me podían dar no hospital. Cheguei ao sanatorio psiquiátrico e dei co doutor Ramos, un médico novo con grande humanidade e entrega aos pacientes. Con el podía falar horas e recomendoume facer algo, centrarme nunha actividade. Preguntoume que me gustaría facer e non dubidei na resposta. Tiña claro que necesitaba escribir e para min foi como unha terapia. Tiña un caderno e andaba todos os días con el polo centro. Cando oía algo que me interesaba, apuntaba. Para min ese exercicio foi sandador, mais tamén me interesaba para cambiar a idea do público, que non sabe o que é un sanatorio psiquiátrico. A xente pensa que os que están alí son tolos de remate, unha idea alimentada polas películas. (…)”
Vigo: presentación de Palavras a Espártaco, de Vítor Vaqueiro
Pontevedra: actividades do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro
Os sábado 18 e domingo 19 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
Sábado 18
– 18:00 h. Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López, por Edicións do Cumio. Participará Cándido Meixide.
– 19:00 h. Presentación do libro Os ratos da casa, de Xosé Manuel González “Oli” e ilustracións de Natalia Colombo, por Kalandraka. Sinatura de exemplares.
– 20:00 h. Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental e coloquio por Gonzalo Veloso e Francisco Castro. Galaxia.
Domingo 19
– 13:00 h. Recital poético–narrativo coa participación de Teresa Cameselle, Lydia Leyte, María Lado e Mariña Pérez Rei
Sada: presentación do número 10 de Areal. Revista Cultural de Sada
Mondoñedo: presentación de Galicia Encantada, en edición de Antonio Reigosa
O venres 17 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo, preséntase o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, publicado por Xerais. No acto, organizado pola editora e o Concello de Mondoñedo, participan, xunto a Antonio Reigosa, Orlando González Cruz; Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación; e Lois Pérez, narrador oral.