O xoves 25 de outubro, ás 20:00 horas, no Café Llave de Oro (Avenida das Camelias, 112) de Vigo, preséntase o libro Inflamable, de Samuel L. París, publicado en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Gratas e boas novas e Pasaxeiras
O xoves 25 de outubro, ás 18:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse os libros Gratas e boas novas, de Celso Fernández Sanmartín e Pasaxeiras, de Carlos Quintá e Celso Fernández Sanmartín, ambos os dous libros publicados por Alvarellos. No acto participan tamén Carlos Negro e María da Pontragha.
Marín: presentación de Fragmentos e comentarios do diario íntimo, de Cristina F.
Celanova: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O xoves 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala da Lareira da Fundación Curros Enríquez (Rúa Curros Enríquez, 37) de Celanova, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola propia editorial e a Fundación Curros Enríquez, intervirán, xunto ao autor, Luís Ferreiro, José Luís Ferro e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
A quinta feira 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora.
A Coruña: presentación de Lingua galega e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei
A quinta feira 25 de outubro, ás 20:00 horas, no local da Asociación de Veciños da Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas, 38) da Coruña, preséntase o libro Lingua galega e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Ramón Freixeiro Mato e Carlos Martínez.
Santiago: presentación do libro Premios Pedrón de ouro 2010-2011
“O xoves 25 de outubro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Premios Pedrón de Ouro, publicado por Toxosoutos, volume que engloba os relatos premiados nas edicións correspondentes aos anos 2010 e 2011. No acto intervirán Agustín Agra, Xosé Alfredo Naz, Amancio Liñares, David Otero e Xosé Ramón Fandiño, e posteriormente haberá unha sesión de contacontos con Celso Fernández Sanmartín.” Desde Fervenzas Literarias.
Santiago: presentación de Tinta, de Inma López Silva
O mércores 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Víctor F. Freixanes e Cándido Pazó.
Dieste por correspondencia
Aínda que está recoñecido como un dos autores sobranceiros das nosas letras, especialmente no campo do teatro e do conto, Rafael Dieste foi tamén un agudo pensador e desenvolveu un destacado traballo de dinamización cultural. A pasada semana, a xornada María Zambrano-Rafael Dieste: o legado de dúas figuras insubornables afondaba nas perspectivas menos coñecidas deste autor a partir da súa relación epistolar coa coñecida filósofa. (…)
Para alén do pensamento, as cartas permiten coñecer, como non, visións máis íntimas do personaxe. (…) Axeitos di que nestes textos “poden atoparse moitas anécdotas. Alguna exemplifica como el era, por exemplo que el sempre quixo ter un piano na casa e practicar, aínda que moitas veces tiveron que o vender por problemas económicos. El fala do piano nas cartas como dunha persoas, das súas características. No entanto, nas cartas da súa muller é onde atopamos as referencias ao prezo do instrumento”. En xeral, para o arquiveiro da RAG, esta cartas “Danlle unha dimensión importantísima ao autor, e o epistolario no seu conxunto é un tremendo espazo de dignidade”.” Desde Cultura Galega.