O martes 29 de maio, ás 18:00 horas, na Biblioteca Ágora da Coruña (Rúa Ágora, s/n.), preséntase o libro Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto estará acompañado por Eva Vieites e Xavier Campos.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ribeira: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez
O martes 29 de maio, ás 20:30 horas, na Aula Multimedia (baixo da Confraría) de Ribeira, a Asociación Altofalante e Barbantia presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, publicado pola AS-PG. No acto, xunto ao autor, participa Xesús Laiño.
A Guarda: sinatura de libros de Francisco Castro
O domingo 27 de maio, a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro da Guarda, Francisco Castro asinará exemplares das súas obras.
Muxía: presentación de A narrativa mariña de Gonzalo López Abente
O sábado 26 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía, preséntase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, publicado en Xerais con edición de Xesús Sambade. No acto participan, xunto ao editor, Félix Porto, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.
Allariz: presentación de O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3) de Allariz, Miguel Anxo Fernández presenta a nova edición de O sabre do francés, con dous relatos novos, publicada en Galaxia.
O Porriño: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
A Pobra do Caramiñal: presentación de Dark Butterfly, de Rexina Vega
O venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Tenda Escola Deán (Rúa Rafael Calleja, 11-13), a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a Libraría LER da Pobra do Caramiñal presentan o número 75 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. No acto, xunto á autora, participan Manuel Bragado, Agustín Agra e Amparo Cerecedo.
Carballo: presentación de Un mar de sensacións, de Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera
O venres 25 de maio, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, dentro da programación do Mes das Letras do Concello de Carballo, preséntase o libro Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera, publicado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
Carral: entrega do Premio de Poesía Concello de Carral a Roi Vidal e presentación do Libro das mentiras, de Emma Pedreira
O venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Carral (Rúa do Paleo, 17), entrégase o Premio do XV Certame de Poesía Concello de Carral a Roi Vidal Ponte, tendo lugar tamén a presentación do Libro das mentiras, de Emma Pedreira, gañador da edición do 2011. No acto, xunto aos autores, participa José Luis Fernández Mouriño e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Bruxelas: Dias das nossas letras e das nossas culturas
A Asociación Couto Mixto de Bruxelas e a Livraria Orfeu de celebran os Dias das nossas letras e das nossas culturas, co seguinte programa:
– Sexta feira, 25 de maio, ás 18:30 horas, na Livraria Orfeu: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira, presentada por Ramón Neto.
– Sábado, 26 de Maio, ás 17:30 horas, na Livraria Orfeu. Encontro debate moderado por Xavier Queipo sobre as literaturas e as culturas da lusofonía (Galiza, Portugal, Brasil, …), con Ugia Pedreira e Ramón Neto (Galiza), Fred Martins (Brasil), J. Pinto da Silva (Portugal) e outras intervencións libres mediante inscrición. Ás 22:00 horas, concerto de Acrobata no LR6 (204, rue Haute, 1000, da mesma cidade, con Ugia Pedreira e Fred Martins. As reservas pódense conseguir aquí: coutomixtobruxelas@gmail.com. Venda antecipada de billetes na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43, 1000).