O
sábado 14 de xuño, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Afora, 11), preséntase Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, publicada pola A. C. Caldeirón, e que obtivo o VII Certame de poesía erótica Illas Sisargas. No acto participa, xunto á autora, Paco Souto e María José Pérez Carreira.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Betanzos: presentación de Exeria. Nos límites do mundo, de Arturo Iglesias
Bertamiráns, Ames: presentación de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro
Ferrol: actos destacados do venres 13 na Feira do Libro
O
venres 13 de xuño continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 11:30 h. Charla coloquio de Xavier Alcalá arredor do seu libro Viaxes no País de Elal. A Patagonia das aventuras, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
Vilalba: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Vilaboa: presentación de A voz quebrada. Da memoria histórica e do terror fascista, de Xosé María Álvarez Cáccamo
O
venres 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), preséntase o libro A voz quebrada. Da memoria histórica e do terror fascista, de Xosé María Álvarez Cáccamo, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto, organizado polas asociacións A Regaduxa, Memoria Histórica de Vilaboa e Vilaboa Comunicacións, participan, xunto ao autor, Luís G. Bará e Miguel Anxo Mouriño.
Compostela: presentación de A Segunda Lingua, de Yolanda Castaño
Compostela: presentación de Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro e Estrela do norte, de Luís Rei Núñez
Ferrol: presentación da edición facsimilar do Conto galego de Rosalía de Castro
O
mércores 11 de xuño, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, preséntase a edición facsímil do Conto galego, de Rosalía de Castro, publicada pola Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos, estando a cargo de Xesús Torres Regueiro. No acto, presentado por Eliseo Fernández, participa, xunto ao editor, Xosé María Dobarro.
A Coruña: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O
xoves 12 de xuño, ás 20:30 horas, no Bar O’Delito (Rúa Tabares, 1) da Coruña, preséntase o libro de relatos Salseiros, de Suso Lista, publicado por Embora. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Lourenzo e Manuel Rivas.




