O
venres 28 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa (Rúa Eduardo Vicenti, 2), de Bueu, preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora, o Concello de Bueu e a Libraría Miranda, participa, xunto á autora, Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Iruñea-Pamplona: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A
sexta feira 28 de marzo, ás 19:30 horas, no Lar Galego de Iruñea-Pamplona (Rúa San Fermín, 4, baixo), preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais, nun acto onde estará presente o propio autor.
Ourense: presentación de Espelho de mim mesma, de Cruz Martínez, e do número 2 da revista Elipse
Pontevedra: presentación de Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros
O
xoves 27 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Paz de Pontevedra (Rúa Peregrina, 29), preséntanse Ámote Leo A. Destino Xalundes e Ámote Leo A. Estación de tránsito, de Rosa Aneiros, publicadas en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Fran Alonso.
Compostela: presentación de A alternativa está aquí, de María Reimóndez
O
xoves 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase A alternativa está aquí, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Encarna Otero e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal
O
mércores 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Restaurante Grândola de Santiago de Compostela (Rúa Cardeal Payá, ao lado da Praza de Mazarelos), terá lugar un encontro arredor do libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas.
Bilbao: presentación da tradución de Outono aquí, de Mario Regueira
O
luns 24 de marzo, ás 20:00 horas, na ANTI-Liburudenda (Dos de Mayo, 2) de Bilbao, Mario Regueira presenta Las hojas muertas, a tradución publicada por Pulp Books de Outono aquí. No acto, o autor estará acompañado por Íñigo Astiz e Arsenio Iglesias Pazos.



