A Coruña: presentación de Nunha presa de terra, de Paco Castro Alvarado

O martes 1 de abril, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Nunha presa de terra, de Paco Castro Alvarado, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participa Xosé Manuel Pereiro.

Santiago: presentación de Maternosofía, de Inma López Silva

O martes 1 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24) de Santiago de Compostela, preséntase Maternosofía, de Inma López Silva, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Malós Cabrera e Francisco Castro.

Donostia: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

O sábado 29 de marzo, ás 19:00 horas, na Casa de Galiza de Gipúzkoa (Rúa Zabaleta, 28, baixo) de Donostia, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais, nun acto onde estará presente o propio autor.

Compostela: presentación de Politicamente incorreta, de Teresa Moure, na Festa de Através

O sábado 29 de marzo, entre as 17:00 e as 20:00 horas, no Centro A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21), de Santiago de Compostela, terá lugar a Festa da Através Editora, coa presenza de autoras e autores dos libros publicados, concursos, música e a presentación do novo libro de Teresa Moure, Politicamente incorreta, ás 18:30 horas. Previamente, ás 17:50 horas, terá lugar un recital poético de Susana Sánchez Arins e Eugénio Outeiro.

Arteixo: presentación de Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro

O venres 28 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro, publicado por Alvarellos. No acto, xunto á autora, participa Henrique Alvarellos.