O venres 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada, preséntase o libro O Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista, publicado en Galaxia. No acto participan David Otero, Francisco Domínguez, Silvestre Gómez Xurxo e autor Manuel Cabada Castro.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Lisboa: presentación de Nenhum vestígio de impureza, de Alva Martínez Teixeiro
Cangas: presentación de 40 cartas dun republicano condenado a morte
Ribadeo: presentación de Cadernos Ribadenses. Especial Letras de Ribadeo
Este novo número dos Cadernos Ribadenses tenta ser unha mostra do querer literario da xente que vivimos neste curruncho ou que temos relación con el. Nel hai traballos de escritores e escritoras recoñecidos xunto con outros que teñen pouco publicado ou mesmo nunca o fixeran, e aos que animamos a darse a coñecer participando nesta publicación. Tamén fan a súa achega desde o mundo da ilustración e da fotografía persoas vinculadas dun ou doutro xeito a Ribadeo e que gozan xa de notoria experiencia no mundo da imaxe.
Con poemas ou relatos curtos colaboran Eva Moreda, Iván Reymóndez, Celia Castro, Tania Penabad, Alba López, Toni Deaño, Farruco Graña, Víctor Villar Caamaño, Paloma Díaz, Carmen Rodríguez, Arturo Mogo, Rosa Mª Saborido, Primi Nécega, Silvia Murias, Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Pablo Villapol e Xavier Rodríguez Baixeras. Roberto Martínez (ilustración) e Javier Peña Monjardín, Belén Pérez Teijo, José Mª Álvarez e David Ribas Pena (fotografía) poñen imaxe a este Especial Letras de Ribadeo.
Vigo: presentación de A Terra Queima, de Xurxo Souto e Lalo Carnota
O
sábado 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase A Terra Queima, de Xurxo Souto e Lalo Carnota, publicado en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Manuel Bragado.
Becerreá: actividades do 25 aniversario da A. C. A Pipa
Vigo: presentación Abuelita-Avoíña, de Moncho Iglesias
A Coruña: Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas
O
sábado 21 de decembro, ás 19:00 horas, na Libraría Nova Colón (Rúa San Andrés, 112) da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas, publicado en Xerais.
Betanzos: sinatura de libros de Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica
O
luns 23 de decembro, ás 18:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, Xosé Neira Vilas asinará exemplares da súa obra Memoria gráfica, publicada por Edicións Bolanda.




