Malpica: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A cuarta feira 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Cívico de Malpica, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Caldeirón e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Pontevedra: presentación de Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida

O martes 25 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, publicado en Xerais. No acto participan Ramón Nicolás, Luís Cochón e Manuel Bragado.

O Grove: presentación de Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida

O sábado 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada (Rúa Concepción Arenal, 1) do Grove, preséntase Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, publicado en Xerais. No acto participan Carlos Besada, Ramón Nicolás, Luís Cochón, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.

Lugo: presentación dos Circuítos Teatrais Buxiganga 2013

O venres 21 de xuño, ás 20:30 horas, comeza na Praza da Soidade (diante da fachada principal do Museo Provincial de Lugo) a presentación dos Circuítos Teatrais Buxiganga para este ano 2013 que promoven a área de Cultura e Turismo e a vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
Nota: En caso de chuvia, as representación terán lugar no Salón de Actos da Deputación, Praza de San Marcos.

No acto, que se desnvolverá polas rúas de Lugo, intervirán 9 compañías teatrais que ofrecerán ao público fragmentos de 5 minutos de duración, anacos das pezas que representan nos Circuítos Buxiganga.
1. Presentación e actuación do grupo Hipócrita Teatro de Lugo no adro do MPLugo, Praza da Soidade.
2. Presentación e actuación Os Trocos de Castro de Rei, Praza da Soidade.
3. Presentación e actuación Achádego de Lugo, na Praza de Armañá, diante da subdelegación do Goberno.
4. Presentación e actuación A Rabela de Baralla, na Praza do Campo.
5. Presentación e actuación Nova Escena de Lugo, na Praza de Sta. María.
6. Presentación e actuación Parápono Teatro de Lugo, na Praza de Sta. María.
7. Presentación e actuación Os Palimoquiños de Lugo, na Praza Maior (fronte a NovaGalicia Banco)
8. Presentación e actuación Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde de Lugo diante do concello, na Praza Maior.
9. Presentación e actuación Do Miolo e Cía de Lugo, na Rúa San Marcos (diante da Deputación).

Rianxo: presentación de Do estigma á estima, de Valentina Formoso

O sábado 22 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, preséntase o libro Do estigma á estima, de Valentina Formoso, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Adolfo Muíños e Manuel Bragado.

Muxía: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez

O venres 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Muxía, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, participan, xunto ao autor, Félix Porto, Manuel Vilar Álvarez e Alexandre Nerium.

Gondomar: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz

O venres 21 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Camiño Noia e Fran Alonso.