Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
xoves 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antolina Fernández e Manuel Bragado.
Pobra de Trives: presentación das Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña
O
xoves 20 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Pobra de Trives, terá lugar a presentación das Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña. No acto participan Francisco José Fernández Blanco, Xosé Manuel Cid Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Francisco García Sánchez. Posteriormente, haberá unha representación teatral d’A natureza no reino da escuridade (ambientada na época en que Acuña era estudante en Trives, na primeira década do século XX), a cargo do alumnado do CEIP da Pobra de Trives (dirixida por María Lamelas).
Compostela: lanzamento de Outra Vida, de Mário Herrero
A
quinta feira 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Outra Vida, de Mário Herrero, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Carlos Quiroga.
Compostela: presentación de Todos os días, de Alberto Ramos
Ourense: presentación teatralizada de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
Lisboa: lanzamento de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
A
sexta-feira, 14 de xuño, ás 19:00 horas, no Museu da República e a Resistência (Rua Alberto de Sousa 10A, 1600-002 Lisboa, Portugal), preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora.
Vigo: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Iolanda Veloso e Manuel Bragado.
Ferrol: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A
sexta feira, 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Ateneo de Ferrol (Rúa Magdalena, 202-204), preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor, acompañado por Verónica Martínez Delgado.
Allariz: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A
sexta feira 14 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3) de Allariz, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Libraría Aira das Letras.


