O
venres 10 de decembro, a partir das 18:30 h., a Sección de Literatura do Liceo de Ourense convoca unha nova edición do Roteiro Literario de A esmorga, que terá o seu inicio no lugar de saída habitual, na Avenida de Zamora, para logo irse desprazando ao longo da cidade medieval polos mesmos espazos físicos e emotivos que percorreron os personaxes da inmortal novela de Eduardo Blanco Amor, estando nesta ocasión a lectura dos textos a cargo dos alumnos do Instituto Otero Pedrayo. O peche deste novo Roteiro farase diante da Estatua do escritor ourensán na Praza do Bispo Cesáreo, rematándo cun viño galego na Sala de Tertulia do Liceo.
Arquivo da categoría: Roteiros
A Coruña: XXVII edición de Galeusca, do 29 de outubro ao 1 de novembro
Organizados
pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro, a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga s/n.) da Coruña, baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:
Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións
22:00 Cea (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
• Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
• Manel Bonany
11:30-12:00 Pausa café
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
• Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
• Ignasi Riera
14:15 Xantar (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).
22.00 Cea (Restaurante A Penela –Praza de María Pita, 12–).
Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
11:30-12:00 Pausa café.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
• Marcos S. Calveiro
• Nikolas Zimarro
• Guillem-Jordi Graells
14.15 Xantar (Restaurante Ruído en la cocina –Praza de María Pita, 1B–).
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
• Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
• Miquel Bezares
• Xabier Díaz (música).
22.00 Cea (Restaurante Ruído en la cocina –Praza de María Pita, 1B–).
O luns 1 de novembro regresarán as delegacións invitadas.
Visita dos gañadores do premio literario Urruzuno ao Roteiro Fiz Vergara Vilariño
O luns
6 de setembro visitarán o roteiro literario-artístico pola Lóuzara de Fiz Vergara Vilariño os gañadores da última edición do prestixioso premio literario vasco URRUZUNO, convocado polo goberno vasco entre os alumnos de secundaria para coidar a calidade da lingua e a literatura en euskera. Virán acompañados do escritor e bertsolari Xabier Paya e percorreran as terras do Fiz na procura de comprender o seu universo literario desde o espazo físico que o acompañou durante a maior parte da súa vida. E poderán descubrir as interpretacións que dos lugares e dos poemas do Fiz realizaron os trece artistas plásticos que instalaron as súas obras nese museo ao ar libre no que se converteu Lóuzara.
Roteiro literario de Lóuzara Fiz Vergara Vilariño
Vídeo do Roteiro Literario de Lóuzara 2010
Este é o vídeo do Roteiro Literario de Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara deste ano: .
Grazas á Agrupación Cultural Ergueitos.
Roteiro Otero Pedrayo no rural ourensán
O Consello da Cultura Galega presenta o Roteiro “Otero Pedrayo no rural ourensán“.
Roteiros Castelao en Pontevedra e Barbanza
Desde o Consello da Cultura Galega disponibilízanse os Roteiros de Castelao en Pontevedra e no Barbanza.
Roteiros: de paseo con Blanco Amor
Vía culturagalega.org.
Lóuzara: convocan para o roteiro literario do Fiz Vergara Vilariño
Lóuzara: roteiro literario do Fiz
Máis info no blogue da Agrupación Cultural Ergueitos.
