A Coruña: conferencia “Rosalía de Castro: o clamor da rebeldía. A evidencia contra a conveniencia”, de Mª Pilar Pilar García Negro

Será o martes 25 ás 20 horas na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10). Trátase de conmemorar como merece o 125 aniversario do falecemento da autora das letras galegas e de explicar as razóns da súa modernidade, a despeito de tantos anos de desfiguración interesada.

Vigo: mesa redonda “Rosalía de Castro, aurora e porvir”

«Neste ano 2010 no que se celebra o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, o Consello Municipal da Muller de Vigo queremos rendirlle unha homenaxe e reivindicar a súa figura destacada como feminista, defensora da nosa cultura e da nosa língua, con tal motivo imos celebrar o seguinte acto: “Rosalía de Castro, aurora e porvir”, unha mesa redonda integrada por:

– Mª Xosé Queizán Vila: “A xustiza pola man de Rosalia de Castro verso a verso”
– Pilar García Negro: “A evidencia frente a conveniencia sexista”
– María do Cebreiro Rábade: ” O sentido ético da poesía de Rosalía de Castro”

Será o mércores 26 de maio ás 20:00 no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 -2º andar), no Casco Vello de Vigo.» Organiza o CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE VIGO.

Pasamento do ilustrador Perfecto Estévez

A Asociación de Escritores en Lingua Galega mostra o seu inmenso pesar polo pasamento de Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles.

Recital poético: Capela do Tanatorio, hoxe 6 de maio, á unha da tarde

Cremación: Hoxe, 6 de maio, á unha e media da tarde

Tanatorio Servisa – Coruña, sala núm. 3, fronte ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. (entrada ao aparcamento pola estrada do Hospital de Oza).

Agrupaçom Cultural O Facho: “O galego, o nosso existir”

«Ante a necessidade de respostas à política etnocida de Feijóo e o seu desgoverno contra a nossa Língua., O Facho chama aos bons e generosos a fazer valer os seus direitos cidadás frente às agressons contra a Língua Galega que está a levar a cabo o P.P. e a actual Junta de Galiza participando na manifestaçom convocada para o 17 de Maio ás 12 horas desde a Alameda de Compostela.

A Agrupaçom Cultural O Facho manifesta

O nosso posicionamento de jeito beligerante e irrenunciável na defesa da Língua Galega que constitui um elemento básico de identidade cultural e representa um valor fundamental de coesom.

As políticas lingüísticas levadas a cabo pola Junta do P.P. supom um passo adiante na política de repressom, empobrecimento e marginalizaçom que Feijóo e os seus “mariachis” estám a realizar contra a Língua e a Cultura dos galegos e galegas desde a Junta de Galiza.

O Estatuto de Autonomia de Galiza, no seu artigo 5, define o galego como Língua própria de Galiza, declara que os idiomas galego e castelám som oficiais em Galiza e que todos tenhem o direito de conhece-los e usa-los. Assim mesmo, estabelece que os poderes públicos da Galiza potenciarám o emprego do galego em todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e aportarám a dotaçom dos recursos necessários para facilitar o seu conhecimento. Certamente, todas as políticas culturais e lingüísticas estám a violentar o próprio Estatuto de Autonomia.

Demandamos

Que cesse a perseguiçom da Língua e Cultura Galega por parte da actual Junta do P.P.

A aboliçom do sistema legal que subordina o galego ao castelám, a aboliçom do supremacismo castelám que procura a desapariçom do galego e exigimos a
implementaçom de autênticas políticas de normalizaçom lingüística ao serviço da nossa sociedade.

Na cidade d’A Corunha, mês de Maio 2010» (Agrupaçom Cultural O Facho)

Bos Aires: proximo encontro dos obradoiros Cousas de Mulleres

A Asociación Herbas de Prata comprácese en convidala-o ao seu próximo encontro dos obradoiros Cousas de Mulleres o sábado día 8 de maio ás 16,00 na Asociación Centro Betanzos. Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, un sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten. O encontro será o sábado 8 de maio ás 16,00 na rúa Venezuela 1536 da Cidade de Bos Aires. Coma sempre, coordinado pola Lic. Patricia Alonso.
Confirmar presenza no (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprataarrobagmail.com