Reclaman que o legado da diócese ferrolano-mindoniense sexa declarado Patrimonio Cultural Europeo

Escritores e artistas reclaman o recoñecemento do legado literario e arquitectónico de Ferrolterra e Mondoñedo. Por iniciativa de entidades como o colectivo Ao carón da lareira, que agrupa clubes de lectores de toda a bisbarra e que mantén estreitas relacións de colaboración con instituciones de Ferrolterra, da Terra Chá e de Mondoñedo, escritores, artistas e profesores de toda Galiza están unindo as súas forzas para lograr que o legado da diócese ferrolano-mindoniense sexa declarado Patrimonio Cultural Europeo.

As políticas culturais nas sete principais cidades galegas

«Dirixido polo sociólogo Xan Bouzada, este documento é unha análise cuantitativa e cualitativa moi polo miúdo das políticas culturais seguidas nas principais cidades galegas nos últimos anos, con enfoques de carácter global e con achegas particulares ás accións culturais de cada unha delas. Trátase, por tanto, dun documento de traballo que é resultado dun informe tecnicamente ben elaborado sobre a situación cultural destas cidades a principios do século XXI.» (culturagalega.org)

Preséntase en Ferrol “A lingua galega na cidade do século XX”, de Gabriel Rei Doval

Na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar a presentación do libro A lingua galega na cidade do século XX (Xerais), de Gabriel Rei Doval. No acto intervirá, ademais do autor, Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo. Será o venres 20 ás 20:00 horas.

Varios escritores entre os opositores á planta de Reganosa

Os opositores á planta deron a coñecer nomes de persoeiros públicos que xa asinaron o manifesto: Manuel Rivas (escritor); Teresa Navaza (xornalista); Suso de Toro (escritor); Lino Braxe (poeta e actor); Xosé Manuel Beiras (catedrático); Luis González Tosar (escritor); Xesús Alonso Montero (catedrático); Laura Pérez Landeira (empresaria); Xan Duro (coordenador de Verdegaia); Adela Figueroa (presidenta de Adega); Miguel de Lira (actor); Antonio Carnero Pose (investigador); Manuel Lago Peñas (economista); Enrique Banet López (realizador); Mabel Rivera (actriz); Elina Luaces Ferreiro (actriz); José Naya Díaz (catedrático); Pedro Pomo García (escritor); Modesto Fraga Moure (escritor); Francisco M. López Martínez (escritor), e Xavier Castro Martínez (deseñador).” (Xornal.com)