Arquivo da categoría: Televisión
Entrevista no Eirado a Antonio Seijas, autor de Cartas de inverno
“O programa da TVG Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista con Antonio Seijas, autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela homónima de Agustín Fernández Paz.” Desde Xerais.
Manuel Lorenzo Baleirón fala do libro Tonas de laranxa, que escribiu xunto coa súa filla María Lorenzo
Entrevista a Fran Alonso en Eirado, da Televisión de Galicia
Entrevista a Fran Alonso no programa Eirado, da Televisión de Galicia:
Entrevista a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga
“O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga.” Desde Xerais.
Irlanda: presenza e actividades de Manuel Rivas
Manuel Rivas falou
da literatura na televisión irlandesa con ocasión da súa participación no festival Cúirt de Galway a finais de abril. No festival Jonathan Dunne conversou con el e con Kirmen Uribe sobre a literatura e a identidade, para despois presentar a edición inglesa d’A desaparición da neve en tradución de Lorna Shaughnessy, edición que saíu con Shearsman Books o mes pasado. En maio de 2013 sairá a tradución, a cargo de Jonathan Dunne, de Todo é silencio co seu editor habitual Harvill Secker. Até o 24 de maio pode ser consultado na rede este vídeo.
Intervención de Armando Requeixo, Cesáreo Sánchez e Ángel de la Cruz en Eirado
Desde Criticalia, o blogue de Armando Requeixo:
“O pasado sábado día 3, os amigos do programa Eirado da TVG convidáronme a unha entrevista para falar da aparición do volume Criticalia. Con tal motivo, tiven o pracer de conversar co periodista Pemón Bouzas sobre diversas cuestións literarias que xiran arredor do libro. No mesmo programa participaron tamén o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias e o escritor e cineasta Ángel de la Cruz; o primeiro en calidade de presidente da AELG para informar das últimas actividades que esta ten posto en marcha e o segundo co gallo do seu éxito na cerimonia dos Goya mercé ao filme de animación Engurras, co que recibiu, como guionista, o Premio ao Mellor Guión Adaptado deste ano. (…)”
A TVG promociona a lectura con microespazos dun minuto
A Televisión de Galicia emite dende onte e de luns a venres, despois do telexornal do mediodía, o espazo Palabra de autor, palabra de autora co obxectivo de fomentar o libro galego ao longo deste Ano da Lectura. A campaña difusora das nosas letras tamén se estende á Radio Galega, xa que cada mañá a emisora autonómica programará unha entrevista que, baixo o título Biblioteca aberta, achegará os gustos literarios de autores, ilustradores e editores. A Consellería de Cultura inviste 120.000 euros entre a promoción radiofónica e a televisiva. [Ler información completa en Xornal de Galicia]
A TVG estrea na TDT O clube da calceta
Mañá martes 29 de decembro a canle de TDT da TVG, a G2, estreará a película O Club da Calceta en emisión sen cortes publicitarios. Interpretado por María Vázquez, Sonia Castelo, Susana Dans, Katia Klein, Mela Casal, Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris, Gonzalo Cunill e Alfonso Agra, este telefilme é unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez e está escrito e dirixido por Antón Dobao.
Contidos do programa Libro aberto
Esta semana visita o programa Libro aberto o escritor e guionista Emilio Alonso, que presentará Mercurio, a obra coa que gañou o Premio Novela por entregas de La Voz de Galicia.
O espazo da TVG analizará a evolución do humor gráfico en Galicia. Xaquín Marín e Xosé Lois González (O Carrabouxo) abordarán o tema comentando as súas últimas publicacións. Tamén falarán da nova proposta da editorial Galaxia: a colección infantil “Audiocontos”. Unha selección de obras infantís clásicas que se presentan como versións dramatizadas nun CD que contén música e narración oral.
Na sección de “Libros na Rede”, visitarán a páxina web de Biblos, a través da cal podemos, entre outras cousas, seguir a información relacionada co Premio Biblos Pazos de Galicia, descargar os diferentes números da publicación bimestral do club ou consultar un catálogo de títulos de recente aparición.
Todo isto hoxe 15 de decembro á noite despois da película na Televisión de Galicia. Tamén podemos ver o programa na G-2 (TDT) o mércores ás 20:00 horas.