Madrid: presentación do número 17 da revista Madrygal
Ribadavia: presentación e recital de Muller de papel, de Rochi Nóvoa
O
xoves 23 de abril, ás 20:30 horas, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago, 10), preséntase o libro-disco Muller de papel, de Rochi Nóvoa, editado por Abooks. No acto terá lugar un recital de música e poesía. Nese mesmo día, e durante toda a xornada, haberá, no recinto do Museo, liberación de libros, “bookcrossing”.
A Coruña: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
Vigo: especial Día Internacional do Libro no Charenton Clubcultura
Lisboa: palestra de Montserrat Pena Presas sobre Feminismos e literatura infantil no Estado Espanhol
Vai ser celebrada aquí.
A Coruña: presentación de Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán
O
mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, publicado en Círculo Rojo.
Ferrol: actos destacados do mércores 22 e xoves 23 na Feira do Libro
O
mércores 22 de abril comeza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:
– Mércores 22:
– 18:00 h. Inauguración. Actuación do Real Coro Toxos e Froles. Pregón polo escritor Xabier P. DoCampo.
– Xoves 23:
– 19:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso, de Nova Galicia Edicións.
Entrevista a María Xosé Queizán sobre Son noxento
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“A escritora María Xosé Queizán fálanos da súa nova obra, a novela curta Son noxento, que publica Xerais. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”




