Santiago: recital de A hostia en verso: Zombies vs. humanos

O martes 5 de marzo, ás 22:30 horas, na Pub Ultramarinos de Compostela (Casas Reais, 34), terá lugar unha nova edición de A hostia en verso, baixo o título Zombis vs. humanos. Presentado por Lucía Aldao e María Lado, o recital enfrontará a Rosa Enríquez, Nolim González, Xesús Estalote Maroño e Elvira Riveiro. O elenco complétase coa música en vivo de Mig Seoane. A entrada custa 4 euros.

Convocado o concurso Agasallo de luz a Roberto Vidal Bolaño, pola Fundación Barrié

“Co gallo do Día das Letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso Agasallo de luz en homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
A proposta didáctica desta edición consiste na realización da webquest Agasallo de Luz, cuxa tarefa principal consite na elaboración dun texto teatral que teña como motivo principal o significativo Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856. O texto deberá representarse polo propio alumnado e gravado en vídeo.
A convocatoria diríxese a todos os centros de PRIMARIA, ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS de Galicia.
O concurso está dividido en dúas categorías:
1. Categoría A: Nenos e nenas de 8 a 13 anos de centros de primaria galegos e primeiros curso de ESO.
2. Categoría B: Mozos e mozas de 14 a 18 anos de centros de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de Galicia.
Os textos e a gravación da representación presentaranse en equipos dun máximo de oito membros e un mínimo de cinco.
Un mesmo centro pode presentar cantos equipos desexe de cada clase.
En todos os casos un/unha docente farase responsable da coordinación do traballo e aparecerá como coordinador/-ora do proxecto.
Descarga a webquest e o material didáctico para participar e le ben as bases do concurso que podes descargar aquí.
Os autores vídeo mellor valorado recibirán unha tablet, así como un lector de ebook para o docente coordinador.”

Sanxenxo: cea literaria con Pedro Feijoo e a súa novela Os fillos do mar

O venres 8 de marzo, ás 21:30 horas, no Hotel Justo de Sanxenxo, terá lugar un Cea Literaria arredor da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. Esta actividade, organizada pola librería Nós, pola Adega Eidos Viticultores e polo Hotel Justo, é a primeira das Noites Literarias que están a preparar os organizadores. As reservas pódense facer no teléfono 986 690750 ou nas empresas patrocinadoras.

Convocado o XVI Premio de Teatro Rafael Dieste

“Coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, por ser unha das formas artísticas de maior incidencia social e en lembranza do xenial autor rianxeiro, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XVI Premio de teatro Rafael Dieste, de acordo coas seguintes:

BASES

Primeira.-
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
Segunda.-
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala e de representala, e entregará ao gañador trinta exemplares.
A Deputación poderá contratar unha compañía teatral galega para realizar a montaxe e a representación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor.
Terceira.-
O tema e a extensión da obra será libre.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XVI Premio de teatro “Rafael Dieste”, título da obra e lema o seudónimo; o tratamiento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademáis deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
Cuarta.-
O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 5 de abril de 2013.
Os orixinais enviaranse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “XVI Premio de teatro Rafael Dieste”.
Quinta.-
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte del: a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade e cinco persoas de recoñecido prestixio no eido teatral.
O xurado será nomeado polo presidente da Deputación, e actuará como secretario o da Corporación ou o funcionario no que delegue.
A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
Sexta.-
Os participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
Sendo un dos obxectivos deste concurso a representación da obra premiada, valoraranse positivamente os factores que incidan na súa viabilidade escénica: número de personaxes, condicións técnicas, etc.
O xurado non poderá declarar deserto o premio e presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para concedelo.
A decisión do xurado terá lugar no mes de maio de 2013 e darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación, e a través dos distintos medios de comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado co fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñecer o seu nome.
Sétima.-
Non se devolverán os orixinais non premiados que, a partir do día seguinte á decisión do xurado, serán destruídos.
Oitava.-
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013.”

Convocado o IX Premio de ensaio Manuel Murguía

“Asumindo a significación que, no seu tempo, tivo Manuel Murguía como un intelectual preocupado por difundir e dignificar a cultura de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña convoca o IX Premio de ensaio Manuel Murguía adicado ás ciencias históricas, de acordo coas seguintes

BASES

Primeira.-
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten ensaios de carácter histórico referidos ou relacionados con Galicia, inéditos e non premiados en ningún outro premio o certame.
Segunda.-
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.
Terceira.-
Os traballos farán referencia a calquera aspecto da Comunidade Autónoma de Galicia, podendo abarcar calquera período da historia.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: IX Premio de ensaio “Manuel Murguía”, título da obra e lema o seudónimo; o tratamiento de texto será Word, OpenOffice, PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
Cuarta.-
O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 20 de agosto de 2013.
Os orixinais enviaranse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre IX Premio de ensaio “Manuel Murguía”.
Quinta.-
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte del: a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade e tres persoas de recoñecido prestixio no eido da investigación histórica.
O xurado será nomeado polo presidente da Deputación, e actuará como secretario o da Corporación ou o funcionario no que delegue.
A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
Sexta.-
Os participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado non poderá declarar deserto o premio e presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para concedelo.
A decisión do xurado terá lugar no mes de setembro de 2013 e darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación, e a través dos distintos medios de comunicación.