O
xoves 22 de decembro, ás 18:30 horas, no Baixo Parroquial de Os Tilos (Rúa Ameneiro, 8) de Teo, a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos organiza un encontro con Antón Cortizas, autor do libro Vaia tropa!, publicado en Xerais.
A Coruña: presentación do libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?
O
xoves 22 de decembro, ás 19:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco) da Coruña, preséntase o libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?, onde se recollen os traballos que fixeron parte da exposición co mesmo nome. Participan: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia Longueira e Antón Patiño.
Agustín Fernández Paz: “La necesidad de historias está inscrita en el ADN de la humanidad”
Reportaxe
sobre Agustín Fernández Paz en El País:
“A Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) le ha nacido una novela airada. “Lo puedo explicar así a posteriori, porque el proceso de escritura es un poco irracional”, explicaba ayer en Santiago durante la presentación, “pero este libro consiste en una crítica de las desfeitas causadas por el capitalismo desde la caída del Muro de Berlín”. Para atacar narrativamente la globalización neoliberal, Fantasmas de luz (Xerais) centra el foco en un operador de cabina de un viejo cine. Después de 35 años a los mandos del proyector, es despedido. “No se trata de un ensayo contra la globalización”, advirtió contra posibles deducciones apuradas el autor, “sino de una novela, crear un mundo y ponerlo en pie”. Fernández Paz, quien el pasado abril debutó en la colección de adultos de Xerais con Non hai noite tan longa, idea una estrategia en la que la economía política y la importancia de soñar se unen y “dan carne a los personajes”. “La necesidad de historias es algo inscrito en el ADN de la humanidad”, declaró, justo después de citar a Cunqueiro y su diagnóstico del ser humano como “bebedor de sueños”, a Paul Auster o una reciente columna periodística de Juan José Millás. Por la nouvelle, ilustrada con trazo figurativo por Miguelanxo Prado y acompañada de “seis tomas extra” que ramifican la trama, desfilan decenas de películas, recogidas en pequeñas sinopsis en las últimas páginas. “Los de mi generación”, se justificó, “estamos inundados de películas, pertenecemos a una época en la que el cine tenía una dimensión que ya no tiene” (…)”.
Xosé Carlos Caneiro: “A literatura existe porque primeiro foi poesía cantada”
Entrevista
a Xosé Carlos Caneiro en La Voz de Galicia:
“- La Voz de Galicia (LVG): Neste libro [Despois de ti, a chuvia] reivindícase como poeta fronte aos que o sitúan só como prosista.
– Xosé Carlos Caneiro (XCC): É que eu son poeta. Os meus inicios na literatura foron na poesía. Levo, ademais, 25 anos facendo recitais poéticos en todo o país, en España e en Europa, mesmo en América. Eu síntome poeta, outra cousa é como me vexan os críticos literarios.
– LVG: E tamén reivindica a poesía como música.
– XCC: A poesía é música, ambas as dúas comparten a emoción como compoñente esencial. E a poesía é a orixe da literatura, que existe porque primeiro foi poesía, recitada e cantada. Non se pode obviar ese carácter esencial, porque o que estaríamos facendo é reducir a literatura a unha forma máis de ocio, e debe ser algo máis.
– LVG: Vostede xa fixera un disco, De bar en bar, no que recitaba os seus poemas sobre música…
– XCC: É un traballo diferente a este. Aquí hai composicións de Emilio Rúa, cheas de sensibilidade e emotividade. O mellor que ten é a súa achega. Eu sempre fago autocrítica, e gustaríame que algúns versos fosen mellores, máis traballados, para que chegasen dun xeito mellor ao corazón da xente. (…)”.
A Estrada: VI Festa da Poesía. Memorial Xosé Couceiro Bugallo
Novas publicacións e iniciativas continúan a implantación do Apalpador
“Ano
a ano, por estas datas continúan as actividades e iniciativas para reivindicar o personaxe do Apalpador como unha alternativa galega a Reis Magos e Santa Claus. Desta volta, o ilustrador Xoán González publica un novo libro ilustrado sobre esta figura, O Apalpador e a castaña máxica, logo da boa acollida do seu anterior volume sobre o mito. Pola súa banda, a asociación A Gentalha do Pichel presentaba a pasada semana o libro Teoria de inverno, unha colectánea de artigos que afondan neste personaxe e abordan diferentes aspectos do mesmo. Ao tempo, a Fundaçom Artábria publicou na rede, e para libre descarga, recortables para facer bonecos do Apalpador, e mesmo está dispoñible en Internet unha animación na que este xigante courelán felicita o Nadal. Ao longo das festas apalpadores varios visitarán localidades como Compostela, Pontedeume ou Ferrol, entre outras moitas localidades. (…)”. Vía Cultura Galega.
Agustín Fernández Paz: “Os parados son a materia escura”
Entrevista de Camilo Franco a
a Agustín Fernández Paz en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): No libro [Fantasmas de luz] hai dúas argumentacións para a mesma historia.
– Agustín Fernández Paz (AFP): Quería escribir sobre a desfeita que está cometendo o capitalismo desde a caída do muro de Berlín. Pero non quería escribir un ensaio, quería utilizar as ferramentas da ficción e para iso tiña que darlle corpo a unha historia con personaxes e cunha trama. Por un lado quería facer unha crítica dura do sistema, pero por outro quería explicar o moito que importan os soños e a necesidade de que nos conten historias. No cruce desas dúas intencións está a historia dun home que traballa case toda a súa vida nun cine e queda sen traballo.
– LVG: No seu libro toma corpo esa idea de que ir ao paro é un xeito de desaparecer.
– AFP: Mesturo un contexto realista cun elemento fantástico. Neste caso é que o matrimonio protagonista, tras quedar os dous no paro, comezan a volverse transparentes. Están aí pero o mundo non os ve. Ese é un dos grandes perigos desta crises, que hai xente que desaparece.
– LVG: Considera que a sociedade é demasiado pasiva diante da dureza dos cambios?
– AFP: A impresión que eu teño é que os cambios que veñan, que van vir, non chegarán só a nivel local, senón que serán cambios globais, como global é o capitalismo agora e tamén é global o deterioro da natureza. O que non chego a albiscar agora, pero que pode estar sucedendo, é que, como dicía Marx, hai varias toupas furando na actualidade e non o sabemos, e quizais esteamos só intuíndo o que está sucedendo realmente. O que si quero crer é que esa consigna de que somos o 99 % segue sendo auténtica e debe impoñerse, e que esta forma de capitalismo está condenada a desaparecer polos seus métodos. (…)”.
Agustín Fernández Paz: “He vivido como una desgracia el traslado de los cines a los centros comerciales”
Entrevista
a Agustín Fernández Paz en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): ¿Dónde nace esta novela [Fantasmas de luz]?
– Agustín Fernández Paz (AFP): Lo que me ha motivado es lo que está pasando en la sociedad con el tipo de capitalismo colonizador que tenemos y las condiciones de trabajo que impone. Por otra parte, los de mi generación somos gente que nos empapamos de cine. El protagonista es un apasionado del cine pero el hilo es la precariedad laboral y el problema del paro que atraviesa toda la novela.
– FdV: También habla de la competencia depredadora.
– AFP: Es como está la sociedad actual donde los conceptos de solidaridad y cooperación no tienen excesiva buena prensa frente al individualismo y el sálvese quien pueda. El protagonista se queda sin trabajo y poco a poco se va volviendo transparente. Por otra parte, está el cine (donde trabaja y que cierra) ya que mucha gente en vez de formarse en las aulas, acabó formándose con las películas. (…)
– FdV: Usted hace poco estuvo en Guadalajara recogiendo el premio SM. ¿Cómo vivió personalmente la polémica con la TVG a la que se acusó de censurar la noticia de la concesión a usted de dicho galardón?
– AFP: La alegría interior que supuso para mí la concesión de ese premio y las muestras de cariño que recibí en México me hicieron olvidar cualquiera desconsideración anterior. Yo me quedo con muchísimas sensaciones positivas. El resto no fue nada, cosas que suceden.
– FdV: Es triste que lo traten así en su país.
– AFP: Es un tema que no tiene que ver conmigo sino con valores culturales del cine, la literatura, el teatro… que no se ven prestigiados. En otros países, promocionan las actividades artísticas de sus habitantes, pero aquí vemos que no es así.”
Recoñecemento internacional para tres libros de cociña
“O
libro coordinado por Yolanda Castaño Cociñando ao pé da letra, coas fotografías de Andrea Costas, vén de ser nominado aos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOK AWARDS 2011, uns premios que recoñecen os mellores libros de cociña editados do mundo. A categoría na que se conseguiu a nominación é na de Best Cookbook Photography, algo que non nos sorprende pois ademais da altura das literarias receitas que os cociñeiros escribiron, o traballo de Andrea Costas brilla por si mesmo. Os resultados anunciaranse o mércoles 6 de marzo de 2012 no teatro Les Folies Bergère de Paris. Por outra banda, o segundo dos libros de Benigno Campos, Novas receitas da cociña de Larpeiros está entre os finalistas na categoría de Best TV Celebrity Western Europe.” Vía Galaxia. Desde a Asociación Galega de Editores informan que a obra Guía secreta da gastronomía de Galicia: Lugo de Miguel Vila Pernas, publicada o pasado mes de agosto por Alvarellos Editora, foi recoñecida como Mellor guía de viaxe gastronómica e competirá agora na fase final do concurso onde se medirá cos gañadores da mesma categoría doutros países e linguas.
Dez medios únense para concienciar da importancia da comunicación en galego
“No
marco da feira Terractiva, en Arzúa, presentábase este sábado, 17 de decembro, a campaña Vitaminas para o galego. Dez medios na nosa lingua, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza pública, Radiofusión, Tempos Novos, Certo.gl, Quepasanacosta, O Sil, Valminor.info e Crónica3 participan neste proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia de contar con medios na nosa lingua. O proxecto desenvolverá ao longo dos vindeiros meses concertos, presentacións e relatorios por todo o país, e editou xa diferentes elementos promocionais como paraugas ou calendarios. Segundo apuntan os promotores, un dos obxectivos da iniciativa é “axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras”. Vía Cultura Galega.
