Vigo: conferencia A construción do xénero desde Galiza, de Pilar García Negro
O
xoves 31 de marzo, a partir das 20:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa) de Vigo, e organizada pola Asociación Cultural O Castro, terá lugar a conferencia de Pilar García Negro A construción de xénero desde Galiza, en conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sada: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
Lugo: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O
xoves 31 de marzo, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse, publicada en Edicións do Castro. No acto, presentado por Carmen Blanco, haberá música a cargo de Pilocha.
Vigo: presentación de as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó
O
xoves 31 de marzo, ás 20:00 h., na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro de poesía as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó, publicado en Edicións Morgante. No acto terá lugar un recital audiovisual realizado por Sara Riobó con pinturas de Nuria Pahino dunha duración aproximada de vinte minutos, no que intervirán, ademais do propio autor, Chelo Pampillón e Manolo Dasilva.
O número de títulos publicados en galego caeu un 21,6% en 2010
Vigo: presentación de As palabras que move o mar, de Xaime Toxo
O
xoves 31 de marzo, ás 20:00 horas, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 1) preséntase o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. O acto contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez e Manuel Bragado acompañando ao autor.
Pulp Books: Literatura galega pop traducida ao castelán
Ferrol: presentación de O cine na comarca de Ferrol. As súas xentes. Os seus recursos. 1897-2010
O xoves 31 de marzo, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María) de Ferrol, preséntase o libro O cine na comarca de Ferrol. As súas xentes. Os seus recursos. 1897-2010, de Luís Calvo, Aurora Vázquez e María Xesús Arias. O acto será presentado por Siro López.

