O venres
19 de novembro, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22), da Coruña, preséntase o libro Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara.
45 obras optan ao Premio Eusebio Lorenzo Baleirón
Ourense: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O venres
19 de novembro preséntase na Sala de Tertulia do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 5), a partir das 20:00 h., Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Javier Casares e Manuel Bragado.
Vigo: II edición de A hostia en verso, recital con poesía, música e pintura
O venres 19 de novembro, a partir das 21:30 h., na Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21) de Vigo, celebrarase a segunda edición de A hostia en verso, un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, David Rodríguez, Lara do Ar, Miguel Valverde e Xabi Xardón, ou o que é o mesmo: poetas montañeses VS. poetas pescos! O acto estará presentado polas tamén poetas Lucía Aldao e María Lado e contará coa intervención musical de Mr. Carácter. Para máis, a pintora María Longa fará unha intervención en directo.
Vigo: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
venres 19 de novembro, ás 20:00 h, na Casa do Libro de Vigo, preséntase o primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto, publicado en Galaxia. No acto participan, coa autora, Víctor F. Freixanes, Concha Báez Montero e Margarita Viñas Neira.
Ferrol: presentación de Alén, de Xaime Quintanilla
O
venres 19 de novembro, ás 12:00 h., na sala de recepcións do Concello de Ferrol, preséntase a nova edición do libro Alén, de Xaime Quintanilla, publicado por Galaxia. No acto participan Mercedes Carbajales, concelleira de Cultura de Ferrol, Xosé M. Soutullo, e Manuel F. Vieites.
Santiago: presentación de O gume dos espellos, de Ramón Caride
O
venres 19 de novembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o novo libro de Ramón Caride O gume dos espellos, publicado en Toxosoutos. No acto participan, acompañando ao autor, Miguel Anxo Martínez Oubiña, David González Couso e Xoán Fuentes Castro, autor da novela O cuadrilátero, sobre a que se manterá tamén unha lectura-coloquio.
Moaña: presentación de Bicos de sol, de Asun Estévez
O
venres 19 de novembro, a partir das 20:00 h., no Salón de plenos do Concello de Moaña, preséntase o libro Bicos de sol, de Asun Estévez, publicado en Ir Indo. Esta obra nace para desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de tódolos seus membros.
Santiago: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
A
sexta-feira, 19 de novembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro-CD Noente Paradise, de Ugia Pedreira, publicado por Através Editora. No acto intervirán Marina Oural (Rapsoda), Martázul Busto, Raquel Miragaia e a propia autora.
A Coruña: presentación de Cantares Galegos
A
sexta-feira 19 de novembro, ás 20:00 h., no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, preséntase Cantares Galegos, publicado polas Edições da Galiza, na primeira edición da obra de Rosalía seguindo as normas do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. No acto participan António Gil Hernández e Xavier Vásquez Freire.