Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o domingo 10 de outubro comeza a Feira do Libro, con entrada libre e de balde, en horario de 12:00 a 14:30 h. pola mañá e de 17:00 a 22:00 h. polas tardes. No programa literario destacan os seguintes actos:
12:00 h. Acto oficial de inauguración, con pregón a cargo de Xosé Carlos Caneiro.
19:00 h. Relatorio: Nazis en Galicia, material literario, a cargo de Luís Manuel García Mañá.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Ourense: Auria. Semana da Literatura Histórica, entre o 10 e o 17 de outubro
Entre
os domingos 10 e 17 de outubro desenvólvese na carpa instalada no Xardín do Posío en Ourense Auria, Semana da Literatura Histórica, feira que quere pór en valor o xénero que lle dá nome e satisfacer o interese de lectores, escritores, editores e profesionais. Nos andeis da mostra poderanse ver as novidades das editoras Alvarellos, Nigra Trea, Xerais, Galaxia, Ir Indo e Ouvirmos. Canda actividades como ciclo de cine sobre nomes da historia, actos de animación, mesas redondas, conferencias ou sinaturas de libros, haberá un Premio Novela Inmortal, que lle da a palabra aos lectores para escoller cal, entre as dez obras propostas, merece recibir este palmarés. O galardón quedará inmortalizado nun monolito no parque da Praza Bipo Cesáreo (Alameda alta) de Ourense. Os obxectivos de Auria son múltiples: divulgar o xénero e as súas novidades, dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos e descubrir os novos valores, analizar o fenómeno e o seu éxito e establecer pontes entre historia e literatura. O programa completo pódese descargar neste ficheiro .pdf: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
O 13 de novembro finaliza o prazo para presentar orixinais ao XXIII premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Padrón: Ao raso coas lebres, de Casahamlet
O venres 8 de outubro, a partir das 20:00 h., na Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón, terá lugar a representación de Ao raso coas lebres, por Casahamlet, coa participación de Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandan Lourenzo, con motivo do 152º aniversario do casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía. Ao raso coas lebres tenta mostrar a lucidez e a rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.
Ribeira: presentación de Noente Paradise, por Ugia Pedreira
O
xoves 7 de outubro, a partir das 20:30 h., no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora. No acto participan Raquel Miragaia, representante da editorial, e Xosé Antonio Rubal como un dos responsábeis polo deseño do libro.
Madrid: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán
O xoves
7 de outubro, a partir das 19:30 h., preséntase no Blanquerna Centre Cultural (rúa Alcalá, 44) de Madrid o libro Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e o propio Ricardo Gurriarán. Este evento está organizado por Xerais, pola Fundación 10 de Marzo e por Blanquerna Centre Cultural.
Frankfurt: presentación da Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, na Feira do Libro
O venres 8 de outubro, ás 13:00 h., no stand da AGE (Pavillón 5.1. Stand C945) dentro da Feira do Libro de Frankfurt, preséntase a Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, publicado por Galaxia.
Domingo Rodríguez: “Castigar e readoutrinar”
Entrevista a Domingo Rodríguez en Galicia Hoxe.
Diego Ameixeiras en Galicia Confidencial
Entrevista a Diego Ameixeiras en Galicia Confidencial.
Cultura premiará os mellores creadores do país cun diploma e unha escultura
(Xornal)
