Rosa Aneiros: “Tardes de libro e praia”
Entrevista
a Rosa Aneiros en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe(GH): Pensa que a literatura para un escritor é ó mesmo tempo profesión e hobby?
Rosa Aneiros (RA): Non, non é unha profesión, eu escribo porque me gusta e porque gozo facéndoo, pero nunca o considerei como tal e espero seguir así.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
RA: Non necesariamente, eu creo que hai momentos do día e da vida para todo. Hai momentos nos que necesitas máis a lectura e momentos para facer outra cousa: pasear cos amigos, gozar coas conversas… Cada cousa ten o seu momento. É certo que normalmente, non sempre, hai moitos escritores que len máis cá media e é común velos sempre con libros, pero hai grandes lectores que non son escritores.”
Ortigueira: mesa redonda e presentación da reedición de O anarquista, de Leandro Pita Romero
O Concello de Ortigueira organiza o vindeiro 6 de agosto, ás 21.00 h., unha homenaxe ao escritor, xornalista e político Leandro Pita Romero (Ortigueira, 1898-Bos Aires, 1985), coincidindo co seu 25 cabodano. Durante a xornada celebrarase unha mesa redonda titulada Leandro Pita Romero, o ortigueirés máis universal, que contará coa participación de Ramón Villares, o xornalista Moncho Barro e Gertrudis Pita Romero, irmá do escritor. Para contribuir á recuperación da súa memoria, e a proposta do Grupo de estudos ortigueireses, presentarase a edición facsimilar da novela de Leandro Pita O anarquista, publicada orixinariamente no ano 1924 na editorial Lar, dirixida por Uxío Carré Alvarellos.
“A busca do diferente”: a nova editora Franouren
A Coruña: programa do venres 6 de agosto na Feira do Libro
18.00 h. O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro La joven de la foto, publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, Javier Losada, e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 h. Presentación do libro Construtores, publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro.
19.30 h. O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro Sete palabras, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro Xuvia–Neda, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 h. O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro Una vida en siete días, publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 h. Mesa Redonda: ¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres? Participan: Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
A Coruña: programa do xoves 5 de agosto na Feira do Libro
19.00 h.
Presentación da colección de libros infantís Rodribico, publicada por Baía Edicións. Participan no acto Manuel Guisande, autor dos textos, Xosé Tomás, autor das ilustracións e o debuxante Siro López.
19.00 h. Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro Milú, publicado por Kalandraka Editora. Tamén asinará exemplares do seu libro Todo ben, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará o seu libro Un último destino, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Víctor F. Freixanes e Xosé Luis Vilela.
21.00 h. Presentación do libro Intersecciones, de Pablo de Aguilar González, publicado por editorial Inéditor. Xunto co autor, participará no acto o escritor Juan Mariñas.
Zas: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O xoves 5 de agosto, ás 18:30 h., no marco da III Semana Cultural do Concello de Zas, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Edicións Xerais.
A Coruña: programa do mércores 4 de agosto na Feira do Libro
18.30 h. O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares do seu último libro, Presenza galega en Cuba e do resto da súa obra.
19.00 h. Presentación do libro Xenaro e a hucha do indiano, da escritora Mar Guerra, publicado por Edicións Xerais. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado.
20.00 h. Pablo Díaz, autor do texto e a música e Marc Taeger, autor das ilustracións, asinarán exemplares do seu libro–disco Tic–Tac, publicado por Kalandraka.
20.00 h. Presentación do libro Presenza galega en Cuba do escritor e académico Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 h. O escritor Vicente Bellón asinará exemplares do seu libro El trueno y sus gigantes, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 h. Presentación do número 186 da revista Grial: Homenaxe a Luís Seoane. Participarán no acto Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes.
Francisco Fernández del Riego despídese da escrita
Un
artigo sobre a novela de Stendhal Vermello e negro publicado o último sábado no suplemento no Culturas de La Voz de Galicia pon punto e final á carreira de Francisco Fernández del Riego na escrita. O histórico galeguista, de 97 anos, deixara preparada unha reserva de artigos ao ver que a súa saúde se ía deteriorando. Segundo declarou, as súas condicións físicas dificúltanlle escribir co coidado que lle gustaría, polo que preferiu fechar a súa produción. Pódese ler a nova completa aquí.