Antoloxía de poetas galegas en inglés e irlandés: To The Winds Our Sails: Irish Writers Translate Galician Poets

«O mellor das poetas contemporáneas máis recoñecidas de Galiza diríxese ao lector co vento nas velas. Co-editado pola poeta irlandesa Mary O’Donnell e a investigadora galega Manuela Palacios, esta antoloxía ofrece unha visión única do imaxinario, a sociedade, a ecoloxía e as preocupacións persoais que afectan as poetas galegas nas últimas décadas. […] Unha característica interesante desta antoloxía é que cada escritora galega ten un poema presentado en lingua irlandesa. Esta visión intenta representar os intereses culturais e lingüísticas que a Irlanda ea Galiza teñen compartido historicamente. […]:

Luz Pozo Garza, traducida por Nuala Ní Dhomhnaill
María do Carme Kruckenberg, traducida por Anne Le Marquand Hartigan & Rita Kelly
Xohana Torres, traducida por Celia de Fréine
Marilar Aleixandre, traducida por Mary O’Malley & Martin Nugent
Luz Pichel, traducida por Catherine Phil MacCarthy
Chus Pato, traducida por Lorna Shaughnessy & Rita Kelly
Ana Romaní, traducida por Maurice Harmon
María do Cebreiro, traducida por Caitríona O’Reilly
María Lado, traducida por Máighréad Medbh & Rita Kelly
Xiana Arias, traducida por Paddy Bushe»

Máis información aquí.

A Coruña: conferencia “Rosalía de Castro: o clamor da rebeldía. A evidencia contra a conveniencia”, de Mª Pilar Pilar García Negro

Será o martes 25 ás 20 horas na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10). Trátase de conmemorar como merece o 125 aniversario do falecemento da autora das letras galegas e de explicar as razóns da súa modernidade, a despeito de tantos anos de desfiguración interesada.

Proxección do documental Entre linguas

A proxección de Entre Linguas (2010), de João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanessa Vila Verde terá lugar o mércores 26 de maio, ás 20:30 no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF, Avda. de Arteixo, 171). Presentará o documental Vanesa Vila Verde.
Ao longo da fronteira con Portugal existen cinco territorios que por diversas circunstancias históricas, e distintos feitos políticos, quedaron ao lado español da fronteira. Isto provocou que, nas provincias de Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz, certas aldeas, e ata concellos enteiros, conservasen uns dialectos que, a pesar da falta de contacto co resto de variantes galegoportuguesas, conserven un enorme parecido con estas e en particular co galego falado actualmente en Galicia. O contacto destas linguas co español estará sen dúbida por detrás deste fenómeno.

A Coruña: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán

O martes 25 de maio ás 19:00 horas terá lugar a presentación do libro de Ricardo Gurriarán Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela. 1939-1968, no Centro Social Caixanova da Coruña (Rúa Rego de Auga). O acto, organizado pola Unión Comarcal de CC.OO da Coruña, a Fundación 10 de marzo e Xerais, coa colaboración da Asociación Cultural Namentras, contará coa participación de Pancho Fontenla, Anxo Guerreiro, Víctor Santidrián, Manuel Bragado e o autor.