Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG) ata o pasado mes de xaneiro, é o galardoado co Premio Trasalba 2010, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se celebra este domingo na casa grande de Cimadevila, en Trasalba (Ourense).
Este é un galardón que pretende recoñecer a súa traxectoria ao servizo da cultura galega, na liña histórica que representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós, atendendo aos seus méritos como intelectual galeguista e, moi principalmente, como renovador da historiografía galega.
Máis información aquí.
Pontevedra: presentación de Pan prós crocodilos, de Calros Solla
O poemar
io Pan prós crocodilos, de Calros Solla, publicado en Edicións Barbantesa, será presentado o venres 25 de xuño na galería Sargadelos de Pontevedra, ás 20:30 h. No acto participarán Ana Acuña, Joao Bieites e Rafa Quintía (Serpe Bichoca), Óscar Franco e os Chichisos de Pontevedra.
El Progreso: “O BNG pide en Madrid que as literaturas galega, vasca e catalá reciban o mesmo trato que a castelá”
(Galiciaé)
A AELG reclama un Panteón de Galegos Ilustres laico e aberto
Santiago: presentación de Cantares Galegos e Ayes de mi país, patrocinadas pola AGLP
O sábado 26 de xuño, a partir das 18:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6), preséntanse a edición de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, ao coidado de Higínio Martins, publicada pola Academia Galega da Língua Portuguesa e Edições da Galiza, xunto á do cancioneiro de Marcial Valladares, intitulado Ayes de mi país, en edición de José Luís do Pico e Isabel Rei Sanmartim, publicado pola editora Dos Acordes coa colaboración da Central Folque e a AGLP. A presentación será seguida por un recital de poesía e música.
Convocado o VIII Premio Pura e Dora Vázquez
A Deputación de Ourense convoca o VIII Premio de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”. As bases pódense consultar aquí.

