A Coruña: Lucía Aldao e María Lado actúan no Patachim

Venres 7cartazac
23:00
O Patachim (Orillamar 16)
Entrada: libre até completar capacidade

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO (poesía e música) actuarán dentro do ciclo “CONTAMOS CONTIGO: A palabra como protagonista”. É unha actividade da campaña “A cidade que le”.

MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN

Despois de pasear durante uns cantos anos o xa mítico “Onde estea un cubata que se quite un soneto”, María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) voltan aos bares coa mochila chea de versos. O formato é clásico, a actitude non. Trátase dun recital desenfadado onde sobre todo haberá poesía, como ten que ser, e algunha que outra sorpresa.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GKsQC8KSp84" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A Coruña: Leo Arremecághona no ciclo ESCRITA(S)

Pan!, pam!!, punk!!!

O punk non é un estilo. Non é unha música, unha roupa, uns textos. O punk é unha actitude e a última das vangardas do século XX, herdeira de dadá e os situacionistas, como escribe Greil Marcus. O punk transfórmase e rebenta en moito máis de sete estralos. Dálle a volta á tortilla da arte subida ao trono, para as elites. A arte é un tesouro que nos foi roubado. Non é dedicarlle a vida á arte, senón que a arte nos faga libres. A poesía non é de quen a escribe, senón de quen a goza. O punk rock repártelle kalashnikovs ao pobo en forma de guitarras eléctricas. A Internet é o último chanzo da revolución punk, que comezou cando Duchamp lle deu a volta a un mexadoiro e lle chamou Fonte.

Na Galería Sargadelos A Coruña (Rúa Real, 56) ás 20:00.

XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”: Marilar Aleixandre

O sábado 5 de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”, recaendo este ano na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada en Santiago de Compostela. Os actos comenzarán ás 11:45h no Parque Avda. de Barcelona, onde se plantará a árbore escollida pola escritora e se descubrirá un monólito conmemorativo.

– Ás 13:00h, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, terá lugar o acto de entrega da “Letra E“.

– Ás 14:30h, xantar de confraternidade no Hotel-Restaurante “Palacio del Carmen” (Rúa Oblatas s/n).

O Consello Directivo da AELG