Premios da Crítica Española para Diego Ameixeiras e Medos Romero

Desde Nós Diario:
“Os Premios da Crítica concedidos pola Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) recoñeceron as obras de Diego Ameixeiras O cervo e a sombra e de Medos Romero E o sol era Ela como mellor novela e mellor poemario respectivamente.
A novela de Ameixeiras está protagonizada por Mateo, un traficante que tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar en estraños negocios por un vello amigo co que se sente en débeda. Unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dúbidas de fe, e un grupo de anarquistas que okupa e rehabilita un vello edificio, rodean a Mateo e mostran o singular sentido do noir do autor, que adoita debruzarse sobre personaxes perdedores outorgándolles unha dignidade que a sociedade lles nega.
E o sol era Ela, de Medos Romero, escava na infancia da autora centrándose na perda de conexión coa natureza na sociedade moderna, cunha empatía que logra unir a vindicación ecolóxica co sentimento de perda polo mundo rural tradicional, a nostalxia pola ruptura da infancia coa celebración da vida e da irmandade entre os seres vivos. A obra de Romero fora gañadora do Premio de Poesía Afundación, cuxo xurado destacara que regresa á natureza non nun sentido paisaxístico, senón a través da reflexión dunha voz feminina”.
Os premios tamén recoñeceron en catalán, a novela Els angles morts (Os ángulos mortos), de Borja Bagunyà, e o poemario La vista als dits (A vista nos dedos), de Joan Todó. En éuscaro, foron a novela Izurdeen aurreko bizitza (A vida anterior dos golfiños), de Kirmen Uribe, e o poemario Gu gabe ere (Incluso sen nós), de Itziar Ugarte Irizar. E en castelán, a novela tríptico Infierno, Purgatorio, Paraíso, de Jordi Ibáñez Fanés e o poemario Incendio mineral (Vaso Roto), de María Ángeles Pérez López.
Esta edición, ademais, incluíu como novidade a modalidade en lingua estranxeira, que obtivo a novela Hamnet, da autora irlandesa Maggie O’Farrell.”

Paula Carballeira gaña o Premio Laudamuco coa obra Dentes de coello

Desde Erregueté:
“A actriz, escritora e narradora oral, Paula Carballeira Cabana (Fene, 1972) é a gañadora da cuarta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a asociación Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. A autora, residente en Teo, concorreu ao certame coa obra Dentes de coello, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.
O xurado, reunido de forma telemática, estivo composto por Carlos-Caetano Biscaínho-Fernandes, Marta Núñez Aboy, Ánxela García Abalo, Oti Ríos e Xavier Castiñeira Blanco, quen actuou como secretario. Un xurado que escolleu por unanimidade o texto de Carballeira presentado baixo o lema “Terrores nocturnos” entre os vinte presentados ao certame.
O xurado destacou “a atmosfera da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica”. A acta do xurado destaca ademais “as grandes posibilidades de posta en escena do texto, na que destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simbólica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante ás paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch”.
Dende o Concello de Brión quixeron destacar o valor do Premio Laudamuco como o de maior dotación económica do teatro galego actual, “un desembolso importante para un pequeno Concello como Brión pero é unha satisfacción sacar á luz vinte novas obras teatrais en galego polo que, a pesar da pandemia sanitaria, este premio foi quen de fomentar a redacción de máis de 170 pezas orixinais en galego”.
O acto de entrega está previsto para o luns 16 de maio en Brión. (…)”

Os Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección

Os premios Follas Novas do Libro Galego veñen de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022, a resultas da cal son candidatos aos premios seis títulos por categoría. Nesta edición dos premios Follas Novas ampliouse o proceso de elección dos premios cunha nova fase antes da designación de finalistas. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.
En total, máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns. O propio xurado escollerá na seguinte fase escollerá tres finalistas e, na última, os títulos gañadores en cada unha das categorías. Os resultados destes premios daranse a coñecer na Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio.
Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de títulos, ampliando o número de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis títulos candidatos en cada categoría, ademais das categorías de Iniciativa de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural.
Os Premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

CANDIDATAS A FINALISTAS

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2021

Ensaio e investigación
A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea, de Francisco J. Leira e Miguel Cabo (coord.) (Edicións Xerais de Galicia)
Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
História da Dança Contemporânea na Galiza, de Afonso Becerra de Becerreá (Através Editora)
O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, de Henrique Monteagudo (Editorial Galaxia).
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega, de Andrea Barreira (Baía Edicións)
H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
O escudo do reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, de Héitor Picallo (Sermos Galiza)
Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
Reboiras. O camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez Crespo e Xosé Manuel Pereiro (Aira Editorial)
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)

Narrativa
A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales (Editorial Galaxia)
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
Coidadora, de María Marco (Edicións Xerais de Galicia)
Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro (Edicións Xerais de Galicia)
Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
A caca Cuca, de Irene Alonso Gasalla (Editorial Galaxia)
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga (ilustrado por Xan López Domínguez) (Baía Edicións)
Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
O Día dos Vivos. Os Minimortos, de Ledicia Costas (ilustrado por Mar Villar) (Edicións Xerais de Galicia)

Xuvenil
A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
Maxia de pedra, de Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan (ilustrado por Eli García) (Edicións Xerais de Galicia)
O segredo de Al’eume, de Pilar Ortega (Cuarto de inverno)
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
Todos fomos, de Marcos Calveiro (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
A Coruña, ilustrado e escrito por David Pintor (Kalandraka Editora)
A miña árbore secreta, ilustrado e escrito por David Pintor (La Guarida Ediciones)
Animalfabeto, ilustrado por Nuria Díaz, escrito por Eva Mejuto (Triqueta Verde Editora)
Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, ilustrado e escrito por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Ourensana)
Nación Mar, ilustrado e escrito por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)
XelArias, palabra á intemperie, de Emma Pedreira e Laura Romero (Baía Edicións)

Banda deseñada, gráfico e humor
A Silveira, de Kiko da Silva (Retranca Editora)
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
O destino de Kameko, de Abel Alves e Jorge Campos (Aira Editorial)
O pexego mecánico, de Víctor Tizón (Demo Editorial)
Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)

Iniciativa bibliográfica
Castelao. Construtor da nación (3 volumes), de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
– Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
– Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
– Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)
– Colección Os Minimortos, Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
– Sección As libreiras, VV. AA. (Revista Luzes)

Obra traducida
A poesía como arte insurxente, de Lawrence Ferlinghetti. Tradución de Daniel Salgado (Rodolfo e Priscila)
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
Ión. Ciclope, de Eurípides. Tradución de Iria Pedreira Sanjurjo (Rinoceronte Editora)
O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy. Tradución de Antía Veres Xesto (Kalandraka Editora)
O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)

Poesía
Arder, de Marga Tojo (Edicións Positivas)
As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor, de Lorena Conde (Aira Editorial)
Lixeiro, de Ismael Ramos (Edicións Xerais de Galicia)
Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)

Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
Ese silencio, de Avelina Pérez (Edicións Positivas)
Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)
Identidade, de Nee Barros Fernández (Editorial Galaxia)
República Sideral, de Esther F. Carrodeguas (Baía Edicións)

Libro mellor editado
A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (Ana Varela, ilustracións) (Cuarto de inverno)
Duración da penumbra (edición especial Espiral Maior), de Miguel Anxo Fernán-Vello (Edicións Espiral Maior)
Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Pequeno álbum de Nova York en inverno, de Berta Dávila e Carlos Meixide (Rodolfo e Priscila)

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
– Casa-Museo Manuel María
– Letras Galegas Xela Arias
– Poemagosto. Festival Internacional Poesía de Allariz
– Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
– Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Proxecto literario na rede
A que cheira, papá?
Balea.gal
Dicionario castelán-galego, de Rinoceronte Editora
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérez
Versos e aloumiños, Antonio García Teijeiro

Xornalismo cultural
– Belén Regueira
– Pilar García Rego
– Selina Otero
– Sermos Galiza (suplemento cultural)
– Susana Pedreira
– Xesús Fraga