San Miguel de Sarandón, Vedra: presentación de Feitizo no val, de Xosé Manuel Lobato

Bandeira, Silleda: presentación de Nobelo de luz, de Charo Golmar

O 21 de agosto, ás 19:00 horas, no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira (Silleda), preséntase o libro Nobelo de luz, de Charo Golmar, publicado por Fervenza. En dito acto, a autora estará acompañada por Juan Liñares, membro da directiva da A.C. Vista Alegre; a mestra Marita Casal; a directora do CEIP de Silleda, María Consuelo Rodríguez Costoya; a ilustradora do poemario, Amalia López Brea “Luchi” e a concelleira de Cultura do Concello de Silleda, Mónica González. Así mesmo, contarase co acompañamento musical de Xirandola.