Desde Cultura Galega:
“O poemario Chernóbil revival valeulle a Abraham Pérez facerse co primeiro premio do VIII Certame de Poesía Torre de Caldaloba. Pérez, que xa se fixera cun segundo posto nunha edición anterior do concurso, recibirá 1.500 euros en metálico do premio e verá publicado o seu traballo. Canda a el, Rafael Catoira quedou segundo no certame coa obra Corpo da palabra e terá tamén publicada a súa obra.
O xurado, conformado por Armando Requeixo, Adolfina Mesa e Xosé Otero Canto, ademais de Martiño Maseda, salienta de Chernóbil revival “o seu propósito compositivo, onde destaca a estrutura en prosa poética alternando con outra estrutura versal máis clásica, e coa intencionalidade de brincar pontes entre espazos interiores e exteriores, nun xogo continuo de vibrantes imaxes, como un tránsito por lenzos abstractos de poesía, que desembocan nun corpus de reivindicación existencialista fronte ao cataclismo que se precipita sobre o tempo da vida”.
Encol de Corpo da palabra, o fallo apunta que “partindo dunha estrutura compositiva máis clásica”, “supón un reclamo emocional da linguaxe, da palabra na súa esencia máis íntima, para servir de expresión configuradora dunha realidade que nos viste e nos afecta”.”
Arquivos da etiqueta: Abraham Pérez
Entrega de premios do VIII Certame de poesía Torre de Caldaloba
Cospeito: entrega de premios do VIII Certame de poesía Torre de Caldaloba
Lugo: presentación de A vida a arder, de Abraham Pérez
Lugo: presentación de 66, de Xavier Queipo
Presentación de A vida a arder, de Abraham Pérez, o 20 de novembro
Presentación de 66, de Xavier Queipo
Vigo: presentación da plaquette bilingüe galego/francés O corpo transparente das horas, de Abraham Pérez
Portico of Galician Literatura publica a tradución ao inglés de parte de O paso en falso, de Abraham Pérez
O portal dixital Portico of Galician Literature vén de publicar a tradución de parte da novela O paso en falso, de Abraham Pérez (Editorial Galaxia) ao inglés. The False Step é o título escollido. A tradución está feita por Jonathan Dunne. Para máis información preme aquí.












